2ª MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NONVIOLENCIA

Símbolo da paz humano na praza de María Pita

O Equipo promotor da 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia da Coruña propuxo a todos os grupos municipais a aprobación de dous documentos:
 

Símbolo da paz humano na praza de María Pita
Simbolo humano da paz
Simbolo humano da paz
  • Unha declaración institucional do 2 de Outubro como Día da Nonviolencia Activa na Coruña e a adhesión do Concello á 2ª Marcha Mundial pola Paz e a Nonviolencia.
  • Unha moción instando o Goberno de España a asinar e ratificar o Tratado de Prohibición de Armas Nucleares.

Este luns, 11 de marzo, ás 11:30 h, previamente á celebración do pleno municipal, preto de 300 escolares formarán na Praza de María Pita un símbolo humano da Paz para expresar a necesidade dun futuro libre de guerras e de violencia. Ademais lerán un compromiso ético no que se comprometen a “non utilizar os coñecementos recibidos para oprimir a seres humanos, senón pola contra, aplicalos para a súa liberación”, “para que o coñecemento utilícese para vencer a dor e o sufrimento, para humanizar a Terra”. 

No evento participarán escolares do Colexio Grande Obra de Atocha, do CEIP Cidade Vella e do CEIP Zalaeta.

Comentarios
Símbolo da paz humano na praza de María Pita