BNG | NOTA DE PRENSA

O BNG continúa a súa rolda de encontros coas asociacións de veciños da cidade para trasladar as súas demandas a María Pita

O grupo municipal do BNG continúa a súa rolda de encontros con distintos colectivos veciñais da cidade para abordar as necesidades e demandas dos barrios e trasladar as preocupacións das veciñas e veciños ao Concello.

O BNG continúa a súa rolda de encontros coas asociacións de veciños da cidade para trasladar as súas demandas a María Pita
Encontro coa Asociacion de Veciños da Agra
Encontro coa Asociacion de Veciños da Agra

Este xoves foi a quenda da Asociación de Veciños da Agra do Orzán, un encontro que dá continuidade aos xa tidos en días anteriores coas AA VV de Feáns, Labañou, Matogrande e Cidade Vella.

Nas próximas semanas están previstos tamén contactos coas AA VV de O Castrillón, Novo Mesoiro, A Enseada do Orzán e Monte Alto.

“Constatamos como en xeral as principais necesidades que ven as veciñas e os veciños son o coidado do espazo público –rúas, prazas e beirarrúas-, a limpeza, as dotacións socio-culturais, as políticas de mobilidade ou mesmo que se teña en conta a propia veciñanza no deseño e posta en marcha de novas infraestruturas”, afirma a concelleira do BNG Avia Veira.

“Sempre foi vocación do BNG termos unha interlocución moi fluída co tecido asociativo da cidade, a comezar polas entidades veciñais, básicas á hora de construír cidade. E desde logo en todos os encontros adquirimos o compromiso de trasladarmos ao concello iniciativas e propostas das veciñas e dos veciños”, conclúe Veira.

Comentarios
O BNG continúa a súa rolda de encontros coas asociacións de veciños da cidade para trasladar as súas demandas a María Pita