O BNG critica que Villoslada non teña convocado a mesa de Elviña

As nacionalistas lembran que a Comisión de Seguimento do Acordo de Investidura entre o BNG e o PSdeG, o grupo que dá soporte ao goberno municipal, comprometeuse a convocar unha Mesa de Traballo co obxectivo de dar satisfacción ás demandas do colectivo de veciñas e veciños afectados polo Parque Ofimático.
O BNG critica que Villoslada non teña convocado a mesa de Elviña
Protesta de membros da plataforma Elviña Non Se Vende o mes pasado.
Protesta de membros da plataforma Elviña Non Se Vende o mes pasado.

"A veciñanza de Elviña non foi aínda convocada a ningunha reunión por parte do Goberno Local. Pasaron xa dous meses da reunión da comisión, tempo más que de abondo para constituír esa mesa", indica o BNG da Coruña nun comunicado este mércores.

"O Goberno Local si foi quen de constituír unha mesa co tecido empresarial da construción para impulsar a posta en marcha dos polígonos contemplados no PXOM, mais non atopou un momento para se reunir coa veciñanza de Elviña", censura Avia Veira, edil nacionalista. E engade: "queremos a desafectación ou unha solución urbanística valente e consensuada coa veciñanza. Exisimos, pois, que o Goberno Local cumpra coa palabra dada".

O BNG e PSdeG, en congruencia co seu Acordo de Investidura, conviñeron en que a solución que se dese ás veciñas e veciños afectados polo Ofimático sería ou ben a desafectación ou unha solución urbanística semellante, en todo caso sempre consensuada con eles. É o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada quen debe convocar esa mesa.

Comentarios
O BNG critica que Villoslada non teña convocado a mesa de Elviña