Orzamentos municipais

BNG: "Esperamos que no modificativo o goberno actúe coa dilixencia que non tivo até agora”

O BNG urxe a “poñerse a traballar desde hoxe mesmo” para que a finais de marzo poida estar aprobado definitivamente o texto que permita atender aos convenios e a necesidades sociais básicas.

BNG: "Esperamos que no modificativo o goberno actúe coa dilixencia que non tivo até agora”
Avia Veira
Avia Veira

A Coruña, 12 de febreiro.- O BNG urxe ao goberno municipal a “poñerse a traballar desde hoxe mesmo” na elaboración dun modificativo de crédito aos orzamentos prorrogados “e abrir canto antes unha negociación co resto dos grupos”. Avia Veira fixo a petición dese modificativo no pleno de onte a través dunha pregunta oral. A concelleira nacionalista considera que agora, despois da iniciativa do PP, “está en mans do goberno municipal axilizar o procedemento e esperamos que actúen coa dilixencia que non actuaron antes para que a finais de marzo poida estar aprobado definitivamente ese modificativo”.

Veira explica que, “ademais das obrigas do Concello”, no texto deben quedar recollidos “os convenios coas entidades sociais, socio-sanitarias, ANPAS e clubs deportivos, entre outros, dos que non só dependen empregos e posibilidades de conciliación de nais e pais na cidade, senón, sobre todo, a cobertura de necesidades básicas e urxentes”.

A nacionalista advirta tamén que o BNG fará novas achegas sobre políticas de emprego, vivenda e mobilidade en función do resultado da liquidación dos orzamentos do ano pasado, que debería coñecerse a finais deste mes de febreiro.

BNG: "Esperamos que no modificativo o goberno actúe coa dilixencia que non tivo até agora”