Pleno municipal

O BNG leva a pleno mocións contra a violencia machista, sobre a emigración como un drama social e para a devolución á cidade dos terreos desafectados polo ministerio de defensa

As nacionalistas preguntarán ao Goberno Local pola solución á veciñanza afectada polo Parque Ofimático, a reordenación das liñas de autobús e a retirada de honras e distincións ao alcalde Sergio Peñamaría de Llano por ter participado directamente en crimes durante a represión posterior á guerra civil

O BNG leva a pleno mocións contra a violencia machista, sobre a emigración como un drama social e para a devolución á cidade dos terreos desafectados polo ministerio de defensa
Veira e Jorquera port
Veira e Jorquera

A Coruña, a 6 de novembro de 2019.-  O grupo municipal do BNG vai defender tres mocións no pleno ordinario do concello da Coruña que se vai realizar este xoves 7 de novembro a partir das 10 horas.

As iniciativas teñen como argumento o combate a violencia machista, a denuncia da emigración como un “drama social e nacional” na Galiza e a devolución á cidade dos terreos desafectados polo Ministerio de Defensa.

A moción sobre a emigración xorde como o traslado ao pleno dun texto de Vía Galega, plataforma soberanista e galeguista. A proposta sobre os soares e instalacións en desuso de Defensa, cuxa titularidade debe reverter gratuitamente no concello, é produto dunha iniciativa de Cadeco —Comisión en Defensa do Común— e o BNG vaina defender conxuntamente coa Marea Atlántica.

Canto á moción contra a violencia machista, e entre outras medidas, o texto do BNG insta o pleno do concello a demandar da Xunta a dotación suficiente “en materia de persoal e de recursos” para os centros de planificación e orientación familiar quer do Ventorrillo quer de Orillamar. A Xunta debe destinar no mínimo 1 por cento do seu orzamento total a combater a violencia que se exerce contra as mulleres pola simples razón de o seren.

Alén das mocións, o BNG vai formular preguntas ao executivo local sobre a negociación dunha solución consensuada coa veciñanza atinxida polo Parque Ofimático, ben como en relación á reordenación das liñas de bus e a retirada de honras e distincións ao alcalde franquista Sergio Peñamaría de Llano por ter participado directamente na represión posterior á conclusión da guerra civil.

O BNG leva a pleno mocións contra a violencia machista, sobre a emigración como un drama social e para a devolución á cidade dos terreos desafectados polo ministerio de defensa