BNG | nota de prensa

O BNG levará ao Parlamento o ERTE da Refinería da Coruña para a que reclama investimentos que garanten a súa viabilidad

Mon Fernández considera inadmisible o expediente regulador de Repsol e reprocha que se presente un mes despois da reunión de Feixóo e Jon Imaz
O BNG levará ao Parlamento o ERTE da Refinería da Coruña para a que reclama investimentos que garanten a súa viabilidad
Reunión Mon Fernández BNG - comité empresa Refinería Coruña
Reunión Mon Fernández BNG - comité empresa Refinería Coruña

Santiago de Compostela, 15 de abril 2021.- O portavoz de Industria do BNG, Ramón Fernández, (Mon) mantivo un encontro cos representantes dos traballadores da Refinería de Repsol da Coruña aos que trasladou o apoio desta forza nacionalista e o compromiso de defender o mantemento dos postos de traballo a través de diversas iniciativas parlamentarias.

O deputado lembra que tras coñecer a decisión da empresa de iniciar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), requirindo aos traballadores a constituír unha comisión negociadora, o BNG rexistrou “de inmediato” unha iniciativa no Parlamento galego  para recabar o apoio de todas ás forzas políticas ás demandas dos traballadores. Para o nacionalista “non é casual” a visita do conselleiro delegado da empresa, Josu Jon Imaz hai un  mes a Galiza para manter un encontro con Feixóo co fin de abordar algúns proxectos e a futura viabilidade da refinería no novo contexto da transición ecolóxica e dos fondos Next Generation e un mes despois, sexa  anunciado un ERTE.

O ERTE, explica o nacionalista, afectará a 212 persoas por un período de seis meses pero é unha medida, afirma “sen ningunha xustificación e sobre todo neste contexto”.

 Dende o BNG consideramos que unha das principais prioridades e preocupacións do goberno galego debe ser  “a defensa do emprego e a industria” e non entendemos como en plena crise económica, empresas do tamaño de Repsol “mande á xente a cobrar prestacións por desemprego”.  Dende o BNG, reiteramos que a decisión da empresa  “non ten ningún tipo de xustificación e  non se pode tolerar”. Hai que garantir o emprego  é  investimentos, “pola vía que sexa”, para manter a viabilidade da refinería e os postos de  traballo.    

O BNG levará ao Parlamento o ERTE da Refinería da Coruña para a que reclama investimentos que garanten a súa viabilidad