Interpelación e proposicións non de lei e preguntas á Consellaría de Medio Ambiente

O BNG presenta no Parlamento galego unha batería de iniciativas co obxecto de paralizar a construción da planta de residuos industriais de Santa Icía

O Bloque entende que a contestación veciñal e social é un clamor, téndose xa posicionado de xeito unánime a veciñanza e todas as entidades e asociacións da contorna en contra da construción da Planta e insisten en considerar que a construción da infraestrutura está totalmente inxustificada advertindo que non quedaran impasíbeis ante a posibilidade de que a Xunta de Galiza pretenda seguir adiante co proxecto

O BNG presenta no Parlamento galego unha batería de iniciativas co obxecto de paralizar a construción da planta de residuos industriais de Santa Icía
Alegacións BNG
Presentación de alegacións a semana pasada

O BNG presentou onte unha batería de iniciativas no Parlamento de Galiza co obxecto de paralizar a construción da planta de residuos industriais de Santa Icía.

Deste xeito, a formación nacionalista dá continuidade ás distintas actuacións que está desenvolvendo ao longo das últimas semanas co obxecto de que a Xunta de Galiza dea marcha atrás á súa intención de construír no concello de Arteixo, a menos dun quilómetro dos núcleos de poboación de Santa Icía, Novo Mesoiro, Feáns e Urbanización Breogán, unha centro de valoración e tratamento de residuos industriais que acollería, entre outros, metais como o aluminio ou o chumbo.

“Así, e se a semana pasada presentabamos alegacións ao proceso de participación para a avaliación ambiental de proxectos aberto pola Consellaría de Medio Ambiente, desta volta, rexistramos unha Interpelación, sendas proposicións non de lei, así como preguntas á Consellaría de Medio Ambiente para a súa resposta oral e por escrito, iniciativas tanto para ser tratadas na Comisión da propia Consellaría como para o seu debate no Pleno do Parlamento galego, co obxecto de que se dea conta do por que se ten pensado construír esta infraestrutura tan preto destas zonas urbanas, e sen ter en conta a afectación que conlevaría”, sibnalan desde o BNG.

Nestas iniciativas, as nacionalistas, ademais de trasladar a proposta ao Parlamento galego de que este se inste á Xunta de Galiza a rexeitar a construción da planta, se demanda tamén do Goberno do PP se dean explicacións dos motivos que xustifican a proposta da construción deste centro de valorización de residuos, xa que logo entenden que na actualidade a proximidade da planta existente hoxe en día no concello das Somozas, de similares características coa que se formula para a de Arteixo, podería acoller os refugallos que se queren tratar nesa nova instalación, polo que se preguntan se a Xunta de Galiza non cre suficientes, ou coa capacidade para atender á demanda existente, ás actuais plantas de residuos industriais que existen en Galiza.

Por último, o Bloque tamén dá traslado nas súas iniciativas da oposición veciñal xa amosada publicamente, tanto por entidades e asociacións así como particulares, e se, con todo, a Xunta de Galiza pretende seguir adiante coa execución do Proxecto.

“Entendemos que a contestación veciñal e social é un clamor, téndose xa posicionado de xeito unánime a veciñanza e todas as entidades e asociacións da contorna en contra da construción da Planta, polo que insistimos en considerar que a construción da infraestrutura está totalmente inxustificada, e advertimos, como xa fixemos con anterioridade, que non quedaremos impasíbeis ante a posibilidade de que a o Goberno da Xunta de Galiza pretenda seguir adiante co proxecto”, conclúen desde a formación nacionalista.

O BNG presenta no Parlamento galego unha batería de iniciativas co obxecto de paralizar a construción da planta de residuos industriais de Santa Icía