Libre concurrencia

O BNG proporá na Comisión de Rexeneración Urbana de hoxe que se revise o proceso do concurso de compra de vivendas

Veira: “Cómpre esta revisión porque o incumprimento das medidas das vivendas non se debeu á interpretación máis ou menos literal das normas do concurso senón a que o propio Concello non aplicou as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo ofertas e mercando dous pisos que non tiñan os metros cadrados sinalados na condición décima e polo tanto influíu na libre concorrencia”

O BNG proporá na Comisión de Rexeneración Urbana de hoxe que se revise o proceso do concurso de compra de vivendas

O Grupo Municipal do BNG manifesta que na sesión extraordinaria da Comisión de Rexeneración Urbana que terá lugar hoxe proporá que se revise todo o proceso do concurso de compra de vivendas aplicándose axeitadamente as bases que o rexeron.

Veira: “Cómpre esta revisión porque o incumprimento das medidas das vivendas non se debeu á interpretación máis ou menos literal das normas do concurso senón a que o propio Concello non aplicou as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo ofertas e mercando dous pisos que non tiñan os metros cadrados sinalados na condición décima e polo tanto restrinxiu na libre concorrencia”.

O Bloque da Coruña sinala que non se trata de anular o proceso senón de revisar todas as ofertas, as admitidas e as rexeitadas, en función da literalidade das bases que rexeron o concurso público de compra de vivendas.

“Cremos que non cómpre unha fuxida para adiante con isto. O máis prudente e o que menos pon en risco a libre concorrencia é revisar o proceso para proceder a aplicar axeitadamente as bases que o rexeron”, conclúen as nacionalistas.

O BNG proporá na Comisión de Rexeneración Urbana de hoxe que se revise o proceso do concurso de compra de vivendas