participación ciudadana

A casa da Auga acolle o Dillo Ti

A xuntanza, que comezará ás 12.00 horas do sábado 1 de decembro, contará con servizo de tradución á lingua de signos así como outro de conciliación, aberto a toda á cidadanía

A casa da Auga acolle o Dillo Ti
20181110 Dillo ti Monte Alto
20181110 Dillo ti Monte Alto

A Coruña, 29 de novembro de 2018.- O alcalde, Xulio Ferreiro, e membros do executivo local participarán o vindeiro sábado, 1 de decembro, a partires das 12.00 horas, nunha nova xuntanza Dillo ti, que terá lugar na Casa da Auga. O encontro, no que pode participar toda a cidadanía, é un espazo aberto ao diálogo e á conversa entre a veciñanza e o seu goberno, de xeito directo e sen
intermediación. Como é habitual, contará cun servizo de tradución á lingua de signos, así como un espazo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á cidadanía. Así, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este obradoiro aberto poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo mesmo non será necesario inscribirse, pero si acudir ao equipamento municipal no horario de celebración do Dillo ti --de 12.00 a 13.30 horas--.

Desde a súa implantación, no mes de xaneiro de 2016, a nova canle de participación cidadá aberta polo executivo municipal celebrou encontros nos Castros, Palavea, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales, O Castrillón, Sagrada Familia, Pescaría, A Silva, Feáns, Adormideras, Labañou, Eirís, Santa Margarida, Elviña, Nostián, Zalaeta,
San Pedro de Visma e O Birloque, entre outros.

Para máis información sobre estas xuntanzas, pódese visitar a páxina web www.coruna.gal/conversascoalcalde así como consultar os vídeo-resumos das anteriores sesións na canle oficial do Concello en Vimeo, www.vimeo.com/concellocoruna.

A casa da Auga acolle o Dillo Ti