Deportivo

Comunicado do Concello sobre o partido Dépor - Fuenlabrada

Ante as informacións publicadas por varios medios de comunicación sobre a viaxe do Club de Fútbol Fuenlabrada á nosa cidade para disputar o derradeiro partido de Liga contra o Depor sabendo que o pasado sábado parte do seu corpo deportivo e técnico deu positivo por COVID o Concello da Coruña quere manifestar o seguinte:
Comunicado do Concello sobre o partido Dépor - Fuenlabrada
Dépor-Cádiz. 19.01.2020. Celebración do gol de Sabin Merino.
Dépor-Cádiz. 19.01.2020. Celebración do gol de Sabin Merino.
  • O Concello da Coruña pedirá explicacións á Liga, CSD e á Federación Española de Fútbol por consentir viaxar a un equipo de fútbol a esta cidade cando, presuntamente, o pasado sábado se detectaron varios casos de COVID no seu equipo.
  • Entendemos que non se pode poñer en risco a saúde pública dunha cidade que leva meses combatendo unha pandemia, que aínda non está controlada e que causou neste país preto de 30.000 mortos.

Por suposto, agardamos unha pronta recuperación dos xogadores do Fuenlabrada, pero de confirmarse a información publicada en varios medios, este equipo nunca debeu viaxar á cidade, nin se debeu disputar a xornada de Liga.

Comentarios
Comunicado do Concello sobre o partido Dépor - Fuenlabrada