Concello da Coruña

O Concello cancela as festas do Entroido na cidade debido á crítica situación sanitaria

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou a organización dunha exposición fotográfica en varios puntos da cidade sobre esta festa que “tanta tradición ten na Coruña” e que estudan un concurso virtual de disfraces
O Concello cancela as festas do Entroido na cidade debido á crítica situación sanitaria
Entroido
Entroido

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que o Concello da Coruña vese na obriga de cancelar as festas do Entroido na cidade debido á "situación sanitaria tan crítica que estamos vivindo". Sinalou que desde o consistorio xa se lle comunicou ás comparsas e que o "entenderon perfectamente".

Rey manifestou que o Concello organizará unha exposición fotográfica en varios puntos da cidade sobre o Entroido, con imaxes históricas, e que se estuda a realización dun concurso de disfraces virtual: "Este ano non poderemos gozar desta festa que tanta tradición ten na Coruña, pero faremos actos simbólicos e culturais que non impliquen agrupacións de persoas".

Comentarios
O Concello cancela as festas do Entroido na cidade debido á crítica situación sanitaria