Constitúese o Consello Sectorial de Inclusión Social

Yoya Neira presidiu a sesión plenaria extraordinaria en que se creou este organismo
Constitúese o Consello Sectorial de Inclusión Social
Pleno municipal. Política municipal
Pleno de constituición do Consello de Inclusión Social este xoves.

Nunha sesión plenaria extraordinaria constituíuse este xoves o Consello Sectorial de Inclusión Social, un órgano colexiado de participación cidadá sectorial, de carácter consultivo.

Concíbese como un espazo para asesorar, informar, debate, estudar, propor e traballar en rede, que ten como obxectivo achegarlles a política de inclusión social municipal ás entidades que traballan nesta cuestión, mellorar o coñecemento da situación social da cidade e valorar a actividade e mais os orzamentos vinculados ao ámbito da inclusión social municipal.

O consello ten entre outras funcións a de analizar e facer propostas de criterios e prioridades ás liñas xerais de actuación que presente o Goberno local relacionadas coa inclusión social, así como a de realizar suxestións ao orzamento municipal de cara a crear un espazo en que se coñezan proxectos normativos e de planificación, ademais de participar no seu deseño e na revisión dos plans e dos programas coa elaboración de ordenanzas e regulamentos que así o precisen.

Constitúese o Consello Sectorial de Inclusión Social