EMALCSA PON O SEU COÑECEMENTO E EXPERIENCIA NA XESTIÓN AO SERVIZO DAS INSTITUCIÓNS QUE O SOLICITAN,

Emalcsa e o Concello de Cangas colaborarán para o deseño dun servizo de auga mais sostible

Xulio Ferreiro, como presidente da Empresa Municipal de Augas, e o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, asinaron hoxe un protocolo de colaboración Emalcsa ten como liña estratéxica poñer o seu coñecemento e experiencia na xestión ao servizo das institucións que o solicitan, para o beneficio do conxunto da sociedade

Emalcsa e o Concello de Cangas colaborarán para o deseño dun servizo de auga mais sostible
Sinatura do convenio
Sinatura do convenio

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña e presidente de Emalcsa; e Xosé Manuel Pazos, alcalde de Cangas do Morrazo, asinaron hoxe un protocolo de colaboración técnica para que a Empresa Municipal de Augas da Coruña preste asistencia ao concello
cangués no desenvolvemento de actuacións encamiñadas a mellorar o servizo de auga e saneamento e, especificamente, traballar en aspectos de sustentabilidade.

Esta labor desenvolverase coa axuda da Universidade da Coruña no eido científico. Na rolda de prensa convocada para presentar este protocolo, Xulio Ferreiro referiuse ao papel de Emalcsa como “referente da xestión pública da auga, e posuidora dun coñecemento que sempre está disposta a ofrecerlle a outros concellos, como ocorre hoxe”. Da súa banda, Xosé Manuel Pazos agradeceu a “asistencia técnica de Emalcsa, que resulta fundamental para afrontar os retos que o servizo municipal de auga ten por diante en Cangas”.

Así, a empresa pública comprométese a prestar asesoramento técnico ao Concello de Cangas en canto á mellora da sustentabilidade, nos eidos economizo, social e ambiental. Esta cooperación enmárcase no interese de Emalcsa de compartir o seu coñecemento e experiencia na xestión eficiente do ciclo da auga coas institucións que así o soliciten, para o beneficio do conxunto da sociedade e como experiencia de mellora das capacidades dos técnicos e persoal da empresa publica.

Entre outras prestacións posibles, o protocolo incluirá estudos previos para o desenvolver traballos específicos en colaboración coas institucións técnicas municipais e a identificación de accións urxente e estratéxicas, e a aplicación das mesmas de cara os obxectivos do protocolo.

Cooperación coa Universidade da Coruña

Este protocolo de colaboración aproveitará o traballo conxunto de Emalcsa coa Universidade da Coruña, para profundar no deseño dunha estratexia sostible para a xestión da agua. A idea é integrar as distintas teorías de xestión sostible e responsable dos recursos hídricos, e deseñar as áreas urbanas para minimizar o impacto sobre o ciclo natural da auga e protexer a saúde dos ecosistemas.

Deste xeito non só se coida a natureza, senón que se traballa en solución que contribúan a evitar riscos como inundacións e desbordes no sistema de saneamento e mellor a eficiencia do conxunto da rede de distribución e canalización. Estes
asuntos xa veñen sendo de gran interese nas estratexias de Emalcsa dende hai anos, pero que comezou a ter peso nas prioritario nas estratexias municipais de loita contra o cambio climático e de desenvolvemento da economía circular, como as que impulsa o Concello da Coruña.

Emalcsa, exemplo de xestión pública da auga

A Empresa Municipal de Augas da Coruña (Emalcsa) suma máis de 100 anos de servizo na xestión do subministro de auga. Neste tempo, acadou un alto nivel de experiencia e eficiencia, chegando a ser un referente na xestión de sistemas do ciclo da agua e outros servizos municipais. Veñen de cumprirse 50 anos desde que o Concello convertera a antiga Aguas de La Coruña, S.A. na empresa publica máis importante de Galicia.

Por iso, ve chegado o momento de por os seus coñecementos e experiencia ao servizo de outros os Concellos e institucións que o consideren, co desexo de axudar e desde a humildade, pois estudar e analizar outros escenarios serve tamén para atopar novas ideas que serven para mellorar os procesos internos de Emalcsa e avanzar no seu propio desempeño. Este proxecto colaborativo pensase coma unha estratexia de longo recorrido, onde a participación de distintas entidades aporten experiencias, retos e oportunidades para desenrolar na Coruña un polo de coñecemento experto e avanzado en sostibilidade de sistemas de auga urbana.

O protocolo asinado hoxe con Cangas é un so un exemplo, ao igual que o que se desenvolveu co Concello de Sada en 2016, da implicación da compañía nesta estratexia. Nas próximas datas chegarase a unha colaboración similar con Carballo, e porase a disposición doutras institucións e municipios que consideren estes proxectos de interese.

Comentarios
Emalcsa e o Concello de Cangas colaborarán para o deseño dun servizo de auga mais sostible