Reunión Inés Rey - Feijóo

Feijóo e Inés Rey, a propaganda ante todo

A alcaldesa da Coruña e o presidente da Xunta amosaron hoxe, unha vez máis, o seu gusto polas fotos e a propaganda.
Feijóo e Inés Rey, a propaganda ante todo
María García e taballadores de Alu Ibérica
María García e taballadores de Alu Ibérica

Marea Atlántica | A Coruña, 11 de xaneiro de 2021.- Todo o anunciado se resume en que se van asinar uns cantos convenios. Convenios descoñecidos pola oposición en María Pita e a veciñanza no seu conxunto. Por iso, esixirémoslle a Inés Rey información sobre o seu contido.

A mellora do CHUAC, o principal foco da propaganda de hoxe, é desde logo necesaria, pero tamén o eran as obras do Plan Director do hospital que debería terse rematado en 2011 e que agora a Xunta recicla con novo envoltorio.

Agardamos que a ansia por saír na foto non faga agora que a alcaldesa acepte as condicións dun convenio que hai unhas semanas "rozaba a ilegalidade", nas súas propias palabras. Xa lle pasou cando foi correndo a presentar o power point sobre hospital con Feijóo, hai un ano, sen preocuparse polas casas afectadas en Eirís. Vivendas das que hoxe tampouco dixo nada, pese a que prometeu ter informada á veciñanza.

Do resto da quenda publicitaria que saiu hoxe de San Caetano, pouco pode dicirse. Cando se disipa o fume non queda nin unha soa cifra ou compromiso concreto.

Comentarios
Feijóo e Inés Rey, a propaganda ante todo