BNG | nota de prensa

O goberno local dille ao BNG que ten pendente unha reunión coa Xunta sobre deficiencias na RISGA, entre elas a retirada do complemento de vivenda a moitas beneficiarias

A concelleira do BNG Avia Veira denunciou nunha pregunta por escrito que se lle está a retirar o complemento de vivenda da RISGA a moitas persoas que residen en pensións, mais que están empadroadas en enderezos de entidades benéficas.

O goberno local dille ao BNG que ten pendente unha reunión coa Xunta sobre deficiencias na RISGA, entre elas a retirada do complemento de vivenda a moitas beneficiarias
Avia Veira presentou a proposta de declarar o cárcere como BIC 1
Avia Veira

A Coruña, a 24 de xaneiro de 2020. Na súa resposta, o Goberno Local dille ao BNG que si é consciente da existencia desta situación e sobre o que pensa facer ao respecto indica que ten pendente unha reunión “coa Xunta da Galiza para abordar as deficiencias que os servizos técnicos municipais encontran na RISGA”.

A través desta iniciativa, a concelleira nacionalista inquiría tamén ao Goberno Local sobre se xa está a traballar na necesidade de pór en marcha canto antes unha bolsa de vivenda en aluguer, tal e como BNG e PSOE conviñeron en xuño pasado no acordo que fixo viábel a investidura de Inés Rey.

O Executivo coruñés limítase a responder que si está a traballar neste asunto, sen dar máis detalles.

O goberno local dille ao BNG que ten pendente unha reunión coa Xunta sobre deficiencias na RISGA, entre elas a retirada do complemento de vivenda a moitas beneficiarias