Renda Social Municipal

O grupo municipal da Marea Atlántica denuncia que continúan os atrasos no pago da Renda Social Municipal

A pesar das declaracións de Inés Rey, o goberno local non resolveu os impagos das novas altas na prestación e prórrogas concedidas nas últimas semanas. Os votos de Marea Atlántica están dispoñibles para dar unha solución

O grupo municipal da Marea Atlántica denuncia que continúan os atrasos no pago da Renda Social Municipal
RendaSocial-1300x600 (1)
RendaSocial-1300x600 (1)
A Coruña, 4 de setembro de 2019.- O grupo municipal da Marea Atlántica denuncia que continúan a producirse atrasos e impagos na Renda Social Municipal. As novas prestacións concedidas, e as prórrogas de persoas que superaron os seis meses non cobraron nas últimas semanas a axuda que lles corresponde por dereito. A pesar de que a alcaldesa, Inés Rey, prometera o 23 de agosto resolver o problema ao día seguinte, segue habendo persoas en risco de exclusión que teñen dereito recoñecido a unha axuda e non a están a cobrar.

A situación é moi grave, e require solucións rápidas. Urxe tamén constituír e convocar a Comisión de Benestar Social para que a concelleira Yoya Neira explique por que en tres meses non foi quen de normalizar o pago das prestacións. Se estamos ante un problema de xestión, é responsabilidade súa resolvelo. E se o problema é a falta de crédito nos orzamentos prorrogados, repetimos que os nosos votos están a disposición para un modificativo para dotar ás axudas dos fondos necesarios.

Xa en xuño, tanto no traspaso de poderes como nas negociacións do acordo para o inicio do mandato, trasladámoslle ao Partido Socialista da Coruña que existían problemas de crédito, causados polo o bloqueo dos Orzamentos 2019. Ao ter que prorrogar os orzamentos, os 1,6 millóns que se estimaban necesarios necesarios para a Renda Social no 2019 quedaron en 1.028.393,84, un 35% menos. En situación similar se atopan as axudas de emerxencia, que deberan ter 1,1 millóns de euros reservados, pero quedaron en 804.000 € (-20%).

Unha vez máis, lembrámoslle ao PSOE da Coruña que pode contar cos nosos votos para resolver o problema, pero ten que actuar xa. A súa falta de xestión estana a pagar as persoas que teñen na Renda Social Municipal o seu último recurso para fuxir da pobreza, pois é a axuda que lle queda a quen xa lle denegaron outras prestacións máis restritivas como a Risga da Xunta.

O grupo municipal da Marea Atlántica denuncia que continúan os atrasos no pago da Renda Social Municipal