MAREA ATLÁNTICA | NOTA DE PRENSA

O grupo municipal da Marea insta ao goberno da Coruña a esgotar toda as vías xudiciais antes de pagar máis polas obras do Parrote

É necesario recorrer ante o TSXG o fallo do Xulgado do Contencioso, que obriga ao Concello a pagar 1,6 millóns de euros máis polas obras de urbanización

Os informes da Asesoría Xurídica e a Intervención municipal desaconsellan asumir este custo adicional por non estar ben documentado

O grupo municipal da Marea insta ao goberno da Coruña a esgotar toda as vías xudiciais antes de pagar máis polas obras do Parrote
Paseo do Parrote
Paseo do Parrote
A Coruña, 18/09/2019.- O grupo municipal da Marea Atlántica, ante a sentenza, non firme, do Xulgado do Contencioso nº 4, que obriga ao Concello da Coruña a asumir 1,6 millóns de euros de custo adicional polas obras de urbanización do Parrote, insta ao goberno municipal a presentar recurso de apelación ante o TSXG e esgotar todos as vías xudiciais en defensa do interese público.

O goberno da Marea Atlántica negouse no seu momento a abonar dito importe, fundamentando tal decisión en informes tanto da Intervención municipal como da Asesoría Xurídica que estimaban a improcedencia legal de tal abono, que se sumaría aos máis de 10,5 millóns que xa abonou polos traballos do Parrote e a Mariña.

Os servizos municipais entenderon que a Autoridade Portuaria non acreditou debidamente os gastos adicionais, nin achegou todos os documentos esixidos pola Lei de Subvencións, pois non existen nin certificación de obra, nin xustificante de pago ao contratista, nin factura. E que ningún dos convenios ou adendas asinados polo concello da Coruña obrigaban ao pago dunhas obras de urbanización que se executaban en dominio público portuario e como consecuencia das obras do aparcadoiro e vial soterrado do Parrote.

Por este motivo, é preciso chegar ata o final para non incrementar inxustamente o custo que a obra faraónica da Mariña e o Parrote tivo xa para os petos de toda a veciñanza da Coruña.

Comentarios
O grupo municipal da Marea insta ao goberno da Coruña a esgotar toda as vías xudiciais antes de pagar máis polas obras do Parrote