Eleccións municipais 2019

Jorquera lanza unha campaña participada e propositiva .

O BNG suma á lista de 27 para as municipais a traballadoras, profesores, activistas sociais e funcionarios.

Jorquera lanza unha campaña participada e propositiva .
Candidatura BNG municipais. 02.03.2019 (David Soto, Alberte G. Nicolás e Anxo Sánchez_ Lydia Bouzas e Patricia Cordo)
Candidatura BNG municipais. 02.03.2019 (David Soto, Alberte G. Nicolás e Anxo Sánchez_ Lydia Bouzas e Patricia Cordo)

Paco Jorquera, na presentación da candidatura do BNG

A Coruña, 2 de marzo.- Teresa Ramiro, mariscadora e poeta; Xosé Luís Armesto, ex reitor da UDC; Beatriz Gómez Amigo, activista social e da memoria histórica e veciña da Silva; Gonzalo Flores, enxeñeiro e funcionario da Xunta; Roberto Tizón, funcionario no Concello; Saleta Seixo, autónoma; Lydia Bouzas, estudante de Dereito; Carme Sanjulián, profesora de Filoloxía; Anxo Sánchez, deseñador web; Manuel Vázquez, membro da plataforma de emigrantes retornados, ou Anxa González, docente xubilada, son algunhas das persoas que completan a lista do BNG para as municipais de maio na Coruña, presentada esta mañá cunha sesión de fotografías na explanada do Parrote co porto de fondo.

Candidatura BNG municipais. 02.03.2019 (Xosé Iglesias, Francisco Jorquera, Mercedes Queixas e Teresa Ramiro)

Xusto un mes despois de avanzar o primeiro tramo da lista, o Bloque é a primeira forza en aprobar e presentar a súa candidatura completa, “resultado dun consenso amplo”, segundo subliñou Francisco Jorquera, o candidato nacionalista á Alcaldía.

“É unha candidatura en positivo, porque a forman persoas con enerxía e ilusión; é participativa, porque está integrada por persoas que participan activamente nos movementos sociais e en distintos espazos de intervención cívica; e seremos unha candidatura propositiva, porque está formada por persoas capaces e solventes, con ideas e propostas para facer posíbel un cambio en serio na Coruña”, incidiu Jorquera, e subliñou que o BNG xa iniciou os encontros públicos con profesionais e colectivos para tratar ámbitos específicos [esta semana foi o do acceso á vivenda] co obxecto de completar durante a primeira fase da campaña un programa participado pola veciñanza.

Candidatura BNG municipais. 02.03.2019 (Eduardo Freire e Gonzalo Soto_ Marisol Mirás, Isa Risco e Teresa Ramiro)

Jorquera volveu facer un chamamento á participación o 26M e indicou que “o cambio que Coruña necesita non é o da triple alianza ultra que quere que retornemos a un pasado en negro”, engadindo que o cambio necesario “é aquel que pode transformar a decepción destes catro anos na ilusión por facer da Coruña unha cidade modelo”.

E concluíu lembrando unhas palabras esta semana da eurodeputada Ana Miranda para definir o perfil humano das candidatas e candidatos coruñeses: “Como di Ana, somos unha candidatura con luz, traballo e poesía”.

Candidatura BNG municipais. 02.03.2019 (Antonio Miguel, Ricardo Vales e Anxo Sánchez, detrás_ Anxa González e Carme Sanjulián)

A lista das 27 do BNG

  1. Francisco Jorquera
  2. Avia Veira
  3. Mercedes Queixas
  4. Patricia Cordo
  5. David Soto
  6. Isabel Risco
  7. Alberte G. Nicolás
  8. María Seixo
  9. Xosé Iglesias
  10. Ricardo Vales
  11. Celia Armas
  12. Marisol Mirás
  13. Yolanda Naya
  14. Xulio Moscowich
  15. Anxo Sánchez
  16. Manuel Vázquez
  17. Anxa González Refoxo
  18. Roberto Tizón
  19. Carme Sanjulián
  20. Gonzalo Flores
  21. Teresa Ramiro
  22. Antonio Miguel Lozano
  23. Beatriz Gómez Amigo
  24. Saleta Seixo
  25. Eduardo Freire
  26. Lidya Bouzas
  27. Xosé Luís Armesto

Perfís das candidatas e candidatos en: https://www.jorquera.gal/a-equipa/

Jorquera lanza unha campaña participada e propositiva .