Emprego

Jorquera pide a Inés Rey que “lidere” a resposta do Concello da Coruña perante a “chantaxe” de Albada

A alcaldesa Inés Rey debe liderar a resposta que se dea desde o concello perante a actitude chantaxista da concesionaria de Nostián, Albada

Jorquera pide a Inés Rey que “lidere” a resposta do Concello da Coruña perante a “chantaxe” de Albada
Jorquera e Avia na mobilización dos traballadores de Albada
Jorquera e Avia na mobilización dos traballadores de Albada

A Coruña, a 22 de novembro de 2019. A alcaldesa Inés Rey debe liderar a resposta que se dea desde o concello perante a actitude chantaxista da concesionaria de Nostián, Albada, dixo este venres Francisco Jorquera durante a concentración de traballadoras e traballadores da planta de tratamento de residuos realizada na praza de María Pita.

“Estamos aquí expresando o noso apoio ás traballadoras e traballadores ante o ERTE anunciado pola empresa que vai levar aparellada a perda do emprego para 39 traballadores e un recorte nas condicións laborais e salariais para o resto do cadro de persoal”, afirmou o portavoz nacionalista, quen acudiu á concentración canda a tamén concelleira do BNG Avia Veira.

“Estas medidas, alén de ser un atentado contra os dereitos laborais, van afectar a prestación do servizo. A actitude de Albada é chantaxista. Está a utilizar como reféns os traballadores os concellos do Consorcio das Mariñas aos que ameaza con deixar de recoller o seu lixo”, considerou Jorquera, para quen perante esta situación “a alcaldesa Inés Rey ten que liderar unha resposta utilizando todas as ferramentas que ten na súa man fronte a esta actitude de chantaxe de Albada”. “Entre esas ferramentas legais”, precisou, “está a intervención directa do concello na xestión da empresa”.

Jorquera pide a Inés Rey que “lidere” a resposta do Concello da Coruña perante a “chantaxe” de Albada