ENTREVISTA ANTÓN GÓMEZ-REINO. CANDIDATO “EN COMÚN-UNIDAS PODEMOS”

“O noso é un programa de defensa das maiorias sociais deste país”

Antón Gómez-Reino Varela é o candidato de En Común Unidas-Podemos, pola provincia da Coruña, onde naceú en 1980. É Técnico de Saúde Ambiental e militou en diferentes movimientos sociais da cidade, ata asinar o Manifiesto Mover Ficha, no 2014, que dá orixe a Podemos. Foi, ademais, un dos impulsores da Marea Atlántica, e chegou ao Parlamento como deputado de En Marea nas eleccións de 2015, tamén, por a Coruña.

“O noso é un programa de defensa das maiorias sociais deste país”
Antón Gómez-Reino, candidato de En Común Podemos, por A Coruña ás eleccións xerais
Antón Gómez-Reino, candidato de En Común Podemos, por A Coruña ás eleccións xerais

Chegou ao Congreso con En Marea e agora preséntase por Galicia en Común- Unidas Podemos, qué pasou?

Nas elecións do 28 de abril houbo un proceso no que Podemos, Esquerda Unida e outras organizacións foron por unha banda, e outra xente quedóuse en En Marea.

Mais alá da responsabilidade colectiva, é que aunque as veces non é claro todo o escenario do espacio do cambio, os cidadáns saben idenficar moi ben cal é, e dónde está. A ciudadanía entendeu que os únicos que supoñemos un espazo de cambio somos nós. En Marea sacou poco menos de dez mil votos e En Común Unidas Podemos tivemos dous diputados.

Mais ou menos, se vai volver a ver, o 10 de novembro, o mesmo resultado, e podemos crecer. Según o CIS estamos entre dous e tres deputados. En Pontevedra saería Gerard Rodríguez, e por Coruña Loreto Taibo, a número dous. Temos, tamén, a posibilidade de ser a única forza política que rompa o bipartidismo nas provincias de Lugo e Ourense. Somos optimistas, mais alá de que somos conscientes da responsabilidade que temos en todo este proceso, a veces estraño, que houbo no espazo político.

Programáticamente qué diferenzas hai con Más País, para que vaian por separado?

Iso tócalle explicalo a Más País, e digoó con toda a humildade. Porque eu, a dia de hoxe, aínda non sei qué defende Más País para Galicia. Eles son os que de dalgunha forma rompen e se separan. Ademáis de iso, ao respecto de Galicia, é a primeira vez, que non se presentan nas catro provincias. Se tedes un programa, ten que ser para os galegos e galegas. De feito, a esquerda sempre defendeu que Galicia ten que ser una circunscripción única, non catro. Por tanto, sí que é estraño que un espazo que ideolóxicamente se identifica coa esquerda, nin sequera preséntese por todas as provincias. Pero ten toda a lexitimidade de facelo. O xogo democrático é así. E creo que a nosa proposta política, leva un percorrido.

Cartaz electoral

Por qué o lema “Conta con nós”?

A xente que nos coñece, sabe que levamos xa moito tempo traballando. E defendendo as demandas dos galegos e as galegas, ao longo destes anos. Os traballadores de Alcoa, as mulleres das conservas e os diferentes sectores produtivos saben que, máis aló doutras cousas, poden contar con nós. Sexa para facer unha oposición condundente ou para facer un goberno de esquerdas. Coñecen que o noso é un programa de defensa das maiorías sociáis do noso país.

Houbo unha oferta seria e concreta do PSOE para gobernar con Podemos, ou non houbo negociacións reáis?

Pedro Sánchez saíu dicindo que Pablo Iglesias era o problema fundamental para facer un goberno con eles. Nese momento colleulles completamente de sorpresa. Así, Pablo Iglesias dixo "está ben, eu non vou a ser o problema, apártome". Ese vernes, e o sábado esperábamos a chamada do PSOE e non chegaba, e xa, pola noite, a última hora citaron ao equipo negociador nunha reunión, que non se daban as condicións, una hora antes de entrar na televisión a vicepresidenta. Creo que non había especial vontade de facer Goberno.

Qué postura tenéis fronte ao BNG, sodes tamén nacionalistas de esquerdas?

O BNG nestes últimos tempos estivo facendo un tránsito. Un espazo mais vinculado ao independentismo, e é lexítimo. Pero nós recollemos unha proposta moi plural. Hai xente que ten diferentes opcións na forma de entender a cuestión territorial e a cuestión nacional. Queremos ser unha proposta política que se pareza a Galicia.

A xente progresista de Galicia, a entende como un país. Ten una identidade propia, una singularidade e unha conformación diferente no marco constitucional español. E, ademáis de eso, é unha nación. Sempre o decimos, Catalunya é importante pero Galicia ten que estar á mesma altura.

A nosa proposta sempre foi a comprensión e a materialización, tamén constitucional, dun Estado plurinacional.

Hai una serie de territorios, que non o decimos nós, xa o decía a Constitución do 78, que son nacións incardinadas no marco constitucional español. Hai que avanzar nese sentido, porque o marco do 78, como se ve, non xenera todo o consenso que debería, na política actual.

Qué diría aos medios que din que os dous candidatos da esquerda por Coruña sodes dous fillos da alta burguesía?

Qué lles vou decir eu. En todo caso é una boa noticia que, en particular, sexamos quén de construir espazos de esquerda, donde haxa xente con diferentes percepcións. Eu, particularmente, penso que podo responder absolutamente do meu percorido. Levo casi toda a miña vida militando nos movimientos sociáis desta cidade, dende moi novo.

Cómo se leva con Carolina Bescansa?

Con Carolina, fai moitos meses que non falo. É certo que nunca tiven unha relación moi intensa, ni habitual. Ela estivo en Madrid durante todos estes anos, e eu fixen a miña vida política, especialmente aquí no espazo orgánico, e tampouco coincidíamos moito. Despois, no grupo parlamentario, estivemos uns meses traballando conxuntamente. Unha relación correcta, e diría, aunque é unha palabra moi manida, cordial.

Antón Gómez-Reino

De cara ao Congreso, hai pactos tácitos?

Claro. Eles pasarían ao Grupo Mixto. Eu non sei o que queren, pero nós o que queremos é que haxa un Goberno, non calquera, senón un que faga políticas netamente de esquerdas e progresistas. Para iso imos traballar, e esperamos ter un bon resultado. Despois, esperar que o Partido Socialista non pacte coas dereitas e non regalarlle a calquera prezo ao PSOE un Goberno, que faga políticas de dereitas, e que non derogue a reforma laboral, a LOMCE, ou a Lei Mordaza.

Por qué non se derrogou xa a lei mordaza?

Amparándose, teóricamente, en que non había unha maioria parlamentaria. Eu creo que non hai vontade de facelo, como a reforma laboral. Por iso é fundamental que haxa una forza realmente de esquerdas que presione ao PSOE.

Son partidarios do diálogo, en Cataluña?

Claro. Nós sempre dixemos que si tivera habido responsabilidade política e diálogo, que é para o que nos pagan os cidadáns, para solventar os problemas, non teríamos chegado a esta situación.

Xudicializar unha cuestión que é política foi una malísima noticia. Eu estou na Delegación española no Consello de Europa, que se está cuestionando a España, como realidade xudicial e democrática. Non é a mellor imaxe, de cara a fora, que se estén cuestionando os estándares democráticos de España.

Qué pensa o Consello de Europa sobre España?

É público. Ademáis, que xa está na Comisión dos dereitos humanos. Hai varios informes abertos, en varias comisións, por as cargas e pola situación. Xudicializar foi unha mala nova. O diálogo era a reposta que tiña que haber desde un primeiro momento, e agora, despois da sentencia. Se ten que acabar o tempo da xudicialización e empezar o tempo da política.

Cómo valoran o ascenso da extrema dereita, esta división da esquerda favorece que a dereita se fortaleza?

Hai unha irresposabilidade histórica na convocatoria de estas eleccións, por parte do Partido Socialista. O dia 28 de abril a xente votou, e votou ben, e volver a abrir a porta, precisamente por intereses electorais, a unha nova convocatoria é irresponsable, e agora se está demostrando que non iba a ter o percorrido que o Partido Socialista querería.

En España, como en Europa ser demócrata es ser antifascista. Esto é moi importante, e agora mesmo estamos ante un avance de forzas políticas, que van contra todo, contra as mulleres, a democracia, a igualdade, a diversidade, as diferentes culturas. É moi perigoso. Nese sentido é moi grave, que incluso as forzas conservadoras como PP o Ciudadanos estean a gobernar con eles. Noutras democracias avanzadas europeas iso non se dá.

As extremas dereitas, en Alemania ou en Francia, non se goberna con elas. Hai un traballo pedagóxico, que tamén temos que exercer os políticos. E si as forzas de extrema dereita, que cabalgan sobre determinadas mentiras, se reproducen, é por unha responsabilidade dos políticos e das políticas.

Por qué hai que votar a En Común- Unidas Podemos? Cáles son os puntos programáticos máis fortes?

Levamos 850 medidas. Un programa moi amplio, con moitas cuestións. Primeiro é una cuestión política. Despois de todos estos meses a única posibilidade de que haxa un acordo entre o Partido Socialista e a esquerda, é que Galicia en Común e Unidas Podemos esteamos fortes. Se queres un voto de esquerdas, e o entregas ao Partido Socialista, isto significa que llo van a dar despois á políticas de dereitas. Nós apelamos a unha movilización, porque es fundamental que o Partido Socialista non se alíe coa dereita.

Antón Gómez-Reino, candidato de En Común Podemos na provincia da Coruña

Sectores estratéxicos de Galicia

Levamos unha defensa clara dos nosos sectores estratéxicos industriáis. Non se poden permitir situacións como as de Alcoa, As Pontes, Lisgal, Poligal. As empresas da nosa comarca están ameazadas, porque non hai unha decisión clara sobre ter que apoiar ao sector industrial e aos sectores estratéxicos. Os gobernos teden que facer unha acción decidida.

Levamos varias proposicións de lei, que xa presentamos na anterior lexislatura, e que esperamos que sexan norma. Por exemplo a lei antideslocalizacións, que o que dí é que unha empresa, si pertence a sectores estratéxicos, o Estado ten que ter a maioria do Consello de administración. Que non se permita que unha empresa que estea instalada aquí se leve a outro lugar, sen devolver todos os cartos públicos ou a inversión pública que se ten feita nesa empresa.

Medio ambiente

Na nosa comarca, hai cuestións ambientáis absolutamente fundamentáis. A Ria do Burgo, o que non pode ser é que levemos partidas orzamentáis, que, cada ano, póñense para estudios sobre cuestións ambientáis da Ria do Burgo, e que non se poda solventar.

No cambio climático, que haxa unha transición enerxética xusta para as industrias, como poden ser os nosos sectores produtivos. Non se pode destruir un posto de traballo sen xerar outro. Ten que haber unha transición ecolóxica e unha acción decidida pública, para reconfigurar esa industria con enerxías máis verdes e  ecolóxicas. Polo tanto, tamén a defensa dos nosos sectores produtivos: leite e peixe.

Ademáis, está a mega-mineria. Esta semana estivemos en Touro. Saíu a sentencia na que se lle dice á Xunta que a Sierra do Orivio non pode ser pasto dun parque eólico, que nunca redunda no beneficio dos galegos e as galegas, senon no beneficio dunha empresa.

Vivenda, emprego e crise demográfica

Tamén temos unha serie de preocupacións: vivenda,regulación do alugueiro como fixeron xa en moitos países de Europa; emprego, facendo unha inversión pública y decidida no ámbito da formación e inserción do emprego.

En migración, a intervención que fixemos sobre o asunto do Open Arms, este verano, despois da xestión nefasta que fixo o goberno socialista, ridícula e vergoñenta, diciamos, cómo pode ser que o Partido Socialista estea comprando argumentos da extrema dereita? A emigración só trae riqueza, demográfica, económica e de postos de traballo. Evidentemente, nunha situación de crise demográfica, como a que temos no noso país, que chegue xente que básicamente o único que queren é xerar riqueza, traballar e consolidar un modelo de vida, é acorde con una sociedad democrática como a nosa. E é precisamente a única saída que temos a crise demográfica.

Comentarios
“O noso é un programa de defensa das maiorias sociais deste país”