Marea Atlántica | nota de prensa

A nova Coordinadora de Marea Atlántica acorda abrir unha rolda de contactos con mareas e organizacións políticas

Este primeiro encontro do órgano de dirección da Marea Atlántica remata co acordo de iniciar unha rolda de contactos con organizacións e mareas do mesmo espazo político

A nova Coordinadora de Marea Atlántica acorda abrir unha rolda de contactos con mareas e organizacións políticas
Primeira reunión da nova Coordinadora da Marea Atlántica
A Coruña, 5 de febreiro de 2020.- A Coordinadora da Marea Atlántica celebrou onte, 4 de febreiro, a súa primeira xuntanza tras ser ratificada pola Rede a pasada semana.

Esta reunión de traballo da Coordinadora fixou dous obxectivos: o primeiro, o inicio da rolda de contactos con organizacións e mareas do mesmo espazo político que a Marea Atlántica, tanto a nivel local como autonómico, que encabezará o responsable da área de Confluencia e Cohesión do Espazo, o alcalde no anterior mandato, Xulio Ferreiro.

O segundo obxectivo da xuntanza era a organización interna tanto da Coordinadora como das áreas de traballo correspondentes a cada unha das persoas que a integran, de cara a reactivar e mobilizar á mareancia para esta nova etapa.

A nova Coordinadora de Marea Atlántica acorda abrir unha rolda de contactos con mareas e organizacións políticas