BORDO LITORAL

Petición dunha zona de baño no Parrote

A Comisión Especial do Bordo Litoral acordou hoxe, por unanimidade, solicitarlle ao Concello e á Autoridade Portuaria a creacion no Parrote dunha zona regulada de baño.
Petición dunha zona de baño no Parrote
xiao_varela_comision_b_litoral__MG_7201
xiao_varela_comision_b_litoral__MG_7201

O presidente da Comisión, Xiao Varela, trasladou a solicitude de dúas veciñas para permitir o baño, e fixo entrega das 1.115 sinaturas que recolleron.

O acordo inclúe tamén unha proposta técnica para autorizar o baño,  seguindo o modelo da Marina de Valencia, que se abriu este verán, e que abriría a posibilidade de bañarse todo o ano, garantindo a seguridade das persoas e a calidade das augas.

Xiao Varela agradeceu a colaboración de todos os grupos políticos e lembrou que "con esta medida poderemos regularizar un uso que sempre foi habitual nesta zona, onde estaba a histórica praia do Parrote. Agardo que se desenvolva canto antes".

Comentarios
Petición dunha zona de baño no Parrote