Marea Atlántica | nota de prensa

A Rede da Marea Atlántica apoia as bases do acordo para uns Orzamentos 2020 netamente progresistas

Na Asemblea celebrada na sede da Marea Atlántica, aprobáronse os resultados das negociacións co PSOE

Salientouse a necesidade de colaborar para que o Concello da Coruña manteña políticas para o ben común, e na necesidade de supervisar o grao de cumprimento dos acordos

A Rede da Marea Atlántica apoia as bases do acordo para uns Orzamentos 2020 netamente progresistas
19_12_21_RedeOrzamentos1
Rede sobre Orzamentos 2020

A Rede, o máximo órgano de toma de decisións da Marea Atlántica, aprobou hoxe por unanimidade as bases do acordo para os Orzamentos 2020 no Concello da Coruña, e delega no grupo municipal a súa concreción final. Froito das negociacións co PSOE nas últimas semanas, estanse a elaborar unhas contas netamente progresistas, que seguen a liña de políticas do ben común iniciada en 2015, baixo o mandato de Xulio Ferreiro.

Deste xeito, os votos da Marea Atlántica no Pleno de María Pita serán garantía de que continúen as políticas do ben común no Concello da Coruña, e por este motivo a Rede inclinouse a apoiar os resultados das conversas co Partido Socialista e a ofrecer toda a nosa colaboración para desenvolver as medidas que alí se recollen. Fixo, non obstante, un chamamento a supervisar de preto o cumprimento deste acordo, como garantía de que este traballo conxunto dea resultados que beneficien á cidadanía.

As bases deste proxecto de contas municipais son as que xa se adiantaran ao inicio das negociacións do PSOE: loita contra a emerxencia climática, benestar social de proximidade e feminismo, mobilidade sostible, dereito á cidade e á vivenda e reparto xusto dos investimentos entre os barrios. Os detalles daranse a coñecer proximamente.

A Rede da Marea Atlántica apoia as bases do acordo para uns Orzamentos 2020 netamente progresistas