As Percebeiras

46 colectivos e entidades asinan as alegacións promovidas pola asociación veciñal contra as percebeiras

Na mañá do luns 26 de outubro ampliouse a relación de colectivos e entidades que asinan e respaldan as alegacións  ao DAE (Documento Ambiental Estratéxico) referente ao Plan Especial Labañou – PE M18.  que foran entregadas o 15 de outubro co apoio de máis colectivos foron. En total, son agora 46 colectivos e entidades. 
46 colectivos e entidades asinan as alegacións promovidas pola asociación veciñal contra as percebeiras
Sinaturas (imaxe da A.VV. Francisco Rodríguez Otero)
Sinaturas (imaxe da A.VV. Francisco Rodríguez Otero)

Entre as recentes sinaturas, a Federación de Asociación de Veciños/as da Coruña e área metropolitana, a ANPA [email protected] do colexio Emilia Pardo Bazán, grupo naturalista Hábitat, así como varias asociacións veciñais como IAR o Castrillón, a de Eiris, a de San Pedro de Visma.

En total, 46 entidades e asociacións, amplamente representativas de colectivos veciñais, ecoloxistas, culturais, deportivas, cívicas, etc, e que pon de manifesto o amplo respaldo social e público de oposición a un proxecto urbanístico como o das Percebeiras. 

A asociación veciñal promotora das alegacións entende este apoio tan amplo e diverso a estas alegacións supón tamén a demanda dun cambio na ordenación urbanística para eses terreos en concreto e para o conxunto de bordo litoral da cidade e da sua fachada marítima. 

Un modelo de cidade que sabe a importancia dos espazos verdes de calidade, onde non vale facer un parque nas aforas, ou en pendentes insalvables.
Un modelo de cidade que ten que respetar unhas das vistas máis despexadas da Torre de Hércules, onde non se poden repetir modelos pasados que asombren e apantallen o litoral 

Un modelo de cidade onde se ten que priorizar e apostar pola rehabilitación urbana, pola mobilización das vivendas baleiras, e non por actuacións de transformación urbanística en espazos que como os das Percebeiras son especialmente sensibles polos seus valores paisaxísticos, medioambientais e sociais. 

A asociación demanda do goberno municipal que atenda estas demandas, e que proceda a incoar modificación puntual do PXOM co obxectivo de destinar os terreos a zonas verdes e espazos libres, públicos. O que Labañou e A Coruña demandan e precisan. 

Estas alegacións foron asinadas colectivos, entre os que se atopan colectivos do propio barrio de Labañou como a nosa asociación, o Sin Querer C.F.,o Calvo Sotelo Cf, o ANPA do colexio de Prácticas, o ANPA [email protected] ou a Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos. 

Estas alegacións tamén foron asinadas por asociacións ecoloxistas como Grupo naturalista Hábitat, ADEGA, Ecoloxistas en Acción, Verdegaia, Reforesta Coruña, Friday for future Coruña e Ferrol, Extinction Rebellion. Colectivos sectoriais como Comisión Aberta en Defensa do Común, Ergosfera, Hábitat Social Coop, Colectivo Improvistas, Colectivo Anomias, GAM Vivenda e Mobiliza. 

Ademáis da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana, apoian tamén  centros sociais e entidades veciñais como  AVV Agra do Orzán, AVV Oza-Os Castros, AVV Monte Alto, SRDC Tempo Novo, Centro Social Gomes Gaioso, A Comuna, AVV Iar O castrillón, AVV Eiris, AVV Adormideras, A asociación cultural Campo da pena de Palavea,  AVV Loureiro San Pedro de Visma, AVV Os nosos Lares Palavea, AVV feáns, AVV Xunqueira, Mesoiro e Vío.

Os sindicatos CIG, CUT, CGT e Unión anarcosindicalista, así como a asociación Refuxios da memoria. E os partidos políticos Marea Atlántica, BNG, ANOVA e Podemos.

Estas alegacións poden ser consultadas no seguinte enlace: https://avlabanhou.files.wordpress.com/2020/10/alegacion_conxunta_dae_plan_especial_labanou_pe_m18_definitivo_25.pdf

Comentarios
46 colectivos e entidades asinan as alegacións promovidas pola asociación veciñal contra as percebeiras