BNG | nota de prensa

O BNG insta o goberno local a que a concesión de locais municipais ao tecido asociativo da cidade se faga dunha forma democrática e transparente

Con frecuencia entidades sociais téñense dirixido ao grupo municipal do BNG para expresar a súa insatisfacción co modo en que o Goberno Local ten regulado a concesión do uso de locais municipais ás distintas asociacións que constitúen o tecido cívico da Coruña.

O BNG insta o goberno local a que a concesión de locais municipais ao tecido asociativo da cidade se faga dunha forma democrática e transparente
A Coruña, a 4 de xullo de 2021.- É por isto que a concelleira do BNG Avia Veira lle vai dirixir unha pregunta oral ao Executivo coruñés no Pleno do vindeiro xoves 8X co seguinte teor: “Cales son as medidas que está a impulsar o Goberno Municipal para que na nosa cidade se adxudiquen dunha maneira xusta e democrática os locais municipais ao tecido asociativo?”.

“O Concello conta co numerosos locais para o seu uso polo rico tecido asociativo da cidade. En algúns casos precisarían dunha certa reforma. Hai tamén espazos que xa están ocupados, pero que poden ser utilizados de forma rotatoria por distintas entidades sociais da nosa cidade”, explica Veira, quen salienta que con moita frecuencia a falta dun local para establecer a súa sede é unha das principais carencias que presentan as asociacións da nosa cidade.

Ante esta situación, o que atopamos “infelizmente” son “negativas reiteradas do Concello da Coruña a entidades da nosa cidade cando estas piden un local”, denuncia a edil nacionalista, quen asemade pon o foco no feito de que “non exista ningún tipo de regulación obxectiva que estableza como se pide un local, e cales son os criterios que se manexan para adxudicar estes espazos”. “Queremos desde logo que eses locais se adxudiquen dunha forma democrática e transparente”, engade.

O BNG insta o goberno local a que a concesión de locais municipais ao tecido asociativo da cidade se faga dunha forma democrática e transparente