BNG | nota de prensa

O BNG pídelle ao goberno local que elimine o vertedoiro ilegal de pneumáticos de Penamoa

A través dun rogo oral asinado por Francisco Jorquera, o grupo municipal do BNG diríxese ao executivo coruñés para que elimine o vertedoiro ilegal de pneumáticos situado nunha zona de monte baixo en Penamoa.

O BNG pídelle ao goberno local que elimine o vertedoiro ilegal de pneumáticos de Penamoa
Pneumáticos em Pena Moa
Pneumáticos em Pena Moa

A Coruña, 18 de xuño de 2021. Este foco de sucidade e residuos xa foi obxecto dunha investigación por parte do SEPRONA, coa posta en coñecemento dos feitos ante a Fiscalía de Medio Ambiente por se puidesen ser constitutivos dun delito contra o medio ambiente.

Porén, indica Jorquera nesta iniciativa, a investigación non impediu que as verteduras irregulares se continuasen a producir nos campos de Penamoa, “co conseguinte risco de incendio ao se tratar dunha zona con abundante maleza e toxo”, alerta o voceiro nacionalista.

De feito, xa se teñen producido no lugar algúns lumes que mesmo chegaron a atinxir máis dunha hectárea de terreo.

Urxe, pois, que o Goberno Local “realice cantas actuacións sexan necesarias para eliminar o vertedoiro ilegal de pneumáticos de Penamoa”, ben como tamén cómpre garantir que se proceda á retirada de todos os residuos e á limpeza do terreo.

O BNG pídelle ao goberno local que elimine o vertedoiro ilegal de pneumáticos de Penamoa