BNG | nota de prensa

O BNG leva ao Pleno os resultados da cimeira sobre o porto

Jorquera pídelle a Inés Rey que abandone a súa actitude de “condescendencia” ante o goberno do estado e “sexa firme e esixente” fronte á “aldraxe que sofremos como cidade”

 

O BNG leva ao Pleno os resultados da cimeira sobre o porto
Debate no Forum sábado 4. Jorquera antes do debate
Francisco Jorquera

A Coruña, a 25 de febreiro de 2021.- O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai levar os resultados da cimeira do porto ao Pleno do Concello que vai ter lugar o vindeiro xoves 4 de marzo.

O voceiro nacionalista quere saber que valoración fai o Goberno Local da xuntanza das distintas administracións públicas realizada en María Pita o pasado martes 23 de febreiro. 

“Baixo o noso punto de vista, a cimeira foi un auténtico fiasco e nela escenificouse unha aldraxe para a nosa cidade”, avalía Jorquera.  “O Estado non comprometeu fondos nin calendario de execución para o enlace ferroviario a Punta Langosteira, negouse a condonar a débeda da Autoridade Portuaria ou a procurar unha solución análoga –a diferenza do que fixo en Valéncia- e mesmo abriu a porta a que se perpetre un pelotazo urbanístico cos terreos do porto”, denuncia o portavoz nacionalista.

Jorquera avanza que na interpelación que dirixirá ao Goberno Local no Pleno do 4M “instaremos a Inés Rey a que poña os intereses da cidade por riba dos intereses do seu partido”.

“Ímoslle pedir que abandone a súa actitude de condescendencia co Goberno do Estado e sexa firme e esixente contra a discriminación que sofremos como cidade”, concluíu.

Comentarios
O BNG leva ao Pleno os resultados da cimeira sobre o porto