MAREA ATLÁNTICA | NOTA DE PRENSA

A Marea Atlántica inaugura este sábado en Palavea os encontros Rede de Barrio, para falar cara a cara coa veciñanza

"O goberno municipal anunciou que non vai seguir celebrando o Dillo Ti. Nós, desde a oposición, non renunciamos á render contas e recoller as demandas da veciñanza"

A Marea Atlántica inaugura este sábado en Palavea os encontros Rede de Barrio, para falar cara a cara coa veciñanza
A3_rededebarrio
A3_rededebarrio
18 de setembro de 2019.- A Marea Atlántica comezará, este sábado en Palavea, a celebrar os encontros Rede de Barrio, para reunirse directamente coa veciñanza, coñecer de primeira man os seus problemas e incorporalos á súa actividade política e de oposición no Concello da Coruña. A primeira cita será este 21 de setembro, ás 12.00h, no Centro Cívico de Palavea, e irase repetindo periodicamente en todos os barrios da cidade.

Trátase de encontros abertos, aos que calquera persoa pode achegarse para trasladar as súas consultas e demandas. Contarán coa presenza das integrantes do grupo municipal e da Coordinadora da Marea Atlántica.

Un goberno que non dá a cara

O goberno municipal confirmou no último Pleno, que non vai seguir celebrando o Dillo Ti, renunciando a dar a cara ante a veciñanza e dando un paso atrás na rendición de contas Despois de que o goberno de Xulio Ferreiro celebrase máis de 25 destes encontros en todos os barrios da cidade, e respondera a todas as preguntas que a xente da Coruña quixo formular, o goberno de Inés Rey prefire agocharse nos despachos.

Pola nosa banda, desde a oposición, continuaremos a traballar falando de fronte coa cidadanía, escoitando e dando respostas, sen fuxir do debate político. Por iso facemos Rede de Barrio.

Comentarios
A Marea Atlántica inaugura este sábado en Palavea os encontros Rede de Barrio, para falar cara a cara coa veciñanza