Medio ambiente

A Marea Atlántica pregúntalle ao goberno municipal polo uso de herbicidas tóxicos na limpeza viaria e o mantemento de parques

Estes produtos, que se empregan sobre todo por motivos estéticos, foron eliminados no mandato anterior polo seu risco para a saúde e o ecosistema

Non debemos volver ao pasado: hai alternativas sen impacto ambiental, coma os medios mecánicos para retirar a vexetación espontánea, xa previstos no novo contrato de limpeza viaria

A Marea Atlántica pregúntalle ao goberno municipal polo uso de herbicidas tóxicos na limpeza viaria e o mantemento de parques
coruña_libre_tóxicos
coruña_libre_tóxicos
19 de agosto de

O grupo municipal da Marea Atlántica rexistrou unha pregunta escrita para solicitarlle ao goberno da Coruña información sobre o uso de herbicidas tóxicos na limpeza viaria e no mantemento de parques e xardíns. No anterior mandato, este tipo de sustancias foron eliminadas debido ao seu risco para a saúde — informes da OMS e sentenzas xudiciais relacionan o glifosato con certos tipos de linfoma— e polo seu grave impacto ambiental, nos solos, nas augas e na fauna.

Ademais, o Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro, obriga a elaborar plans de traballo para o uso de herbicidas no espazo público, a solicitar permisos con 10 días de antelación e a informar á poboación do risco destas substancias.

María García, voceira municipal da Marea Atlántica, sinala que substituír o glifosato por outros productos semellantes pode ser unha boa actuación propagandistica, pero non resolve ningún dos riscos que ten o uso destes produtos. Son moitas as cidades que están a renunciar a empregar produtos contaminantes nas súas rúas. Na Coruña non debemos volver ao pasado”.

A alternativa limpa: extracción mecánica

Como explica María García, “o uso de herbicidas nas cidades é, fundamentalmente, por motivos estéticos, para eliminar a vexetación espontánea nas rúas”. Pero existen mellores alternativas “sen impacto ambiental e con maiores garantías sanitarias e ecolóxicas, coma os medios mecánicos para arrincar a vexetación de raíz, que xa están previstos no contrato de limpeza viaria actualmente en licitación”. Os pregos inclúen un equipo de 10 persoas para a retirada mecánica de herbas espontáneas da vía pública, que traballarán de luns a sábado durante todo o ano, cun orzamento anual de 385.885,35 €.

Por todo isto, demandamos coñecer se o goberno municipal pensa reintroducir o uso de herbicidas tóxicos no espazo público, nunha decisión.

A Marea Atlántica pregúntalle ao goberno municipal polo uso de herbicidas tóxicos na limpeza viaria e o mantemento de parques