Marea Atlántica | nota de prensa

A Marea Atlántica sae ás rúas para informar á veciñanza do futuro do Porto e as operacións para vender terreos nos peiraos

A Marea Atlántica percorrereá os barrios da Coruña para falar coa veciñanza e animar a participación na manifestación do 30 de maio

A Marea Atlántica sae ás rúas para informar á veciñanza do futuro do Porto e as operacións para vender terreos nos peiraos
21_05_09_RepartoGaiteira2
21_05_09_RepartoGaiteira2

María García: “Despois de que PP e PSOE traizoaran a moción de Defensa do Común, facemos un esforzo para sacar o debate á rúa e apoiar a mobilización”

A Coruña, 9 de maio de 2021.- A Marea Atlántica percorrerá os barrios da Coruña, durante o que queda do mes de maio, para informar á veciñanza da situación do porto do Coruña e das operacións que se preparan para vender terreos nos peiraos de San Diego. O obxectivo é animar á participación na manifestación do 30 de maio, convocada pola Comisión en Defensa do Común, e trasladar os asuntos dos que Inés Rey e Alberto Núñez Feijóo non falan, coma a condonación da débeda da Autoridade Portuaria e o abandono da pesca e a actividade produtiva.

A nosa voceira, María García, explica que “despois de que PP e PSOE traizoaran a moción de Defensa do Común, respaldada por máis de 40 entidades sociais de toda a área metropolitana, desde a Marea Atlántica facemos un esforzo para sacar o debate á rúa e apoiar a mobilización”. Así, estamos a organizar repartos e folletos informativos en diversos puntos da cidade, intensificando un traballo que xa comezou en abril.

Insistiremos, tanto como sexa necesario, en manter os consensos dos últimos anos, os mesmos que sinalou Xulio Ferreiro no seu bando do 5 de maio de 2017, no que fixo o que Inés Rey non quere facer agora, apoiar unha mobilización cidadá en defensa do porto. Estas son as demandas:

  • Condonación da débeda portuaria para levantar a hipoteca sobre os peiraos interiores, tal e como se fixo en Valencia.
  • Xestión e titularidade públicas dos terreos portuarios. Nada de vender solo para especular.
  • Financiamento do tren a Punta Langosteira para facer viable o porto exterior. Pode optar a fondos europeos Next Generation.
  • Que o porto siga a ser un porto: protexamos a lonxa, a pesca e a economía do mar. Non estraguemos un motor de riqueza e emprego e un símbolo da Coruña.
  • Os terreos en desuso deben mellorar a cidade: espazos libres, zonas verdes, mobilidade sostible, equipamentos.
  • Participación cidadá, nada de agochar as decisións en despachos.

Calendario de repartos

Así, tras os repartos que xa efectuamos na Mariña e no Parque de Oza en abril, saímos á rúa onte na zona da Gaiteira e Catro Camiños, e continuaremos co seguinte calendario.

  • Venres 14 de maio: Cúpula de Eirís.
  • Sábado 15 de maio: Campo de Marte.
  • Venres 21 de maio: Labañou.
  • Sábado 22 de maio: As Conchiñas.
  • Sábado 29 de maio: A Mariña.

 

Comentarios
A Marea Atlántica sae ás rúas para informar á veciñanza do futuro do Porto e as operacións para vender terreos nos peiraos