Ampliación do CHUAC | nota de prensa

A plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC Inicia unha campaña informativa e de recollida de sinaturas

A semán pasada iniciamos unha campaña de información á poboación coruñesa do que supón que se faga a ampliación do vello CHUAC tal e como pretenden Xunta e Concello.

A plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC Inicia unha campaña informativa e de recollida de sinaturas
CHUAC
CHUAC

A Coruña 29 de marzo de 2021.- É moita a xente que pensa que se vai facer un “NOVO CHUAC”, que é o que se publicita. Un hospital novo, coma o que teñen en Lugo, en Vigo, en Santiago, En Pontevedra...

Non saben que realmente se vai hipotecar a inversión en sanidade da Xunta en máis de 400 millóns de euros para parchear un hospital vello e facerlle unha ampliación.

Non saben que se van pechar o Hospital Oncolóxico, o Hospital Materno-Infantil Teresa Herrera, o Centro de Especialidades Ventorrillo, e parte das especialidades do Abente e Lago.

Non saben os problemas que vai haber e como vai interferir isto no funcionamento normal do hospital, nin os riscos sanitarios que se van correr.

Non saben que hai moitas opcións menos costosas para facer un hospital novo e con futuro.

Nin que van tirar un montón de vivendas para facer detrás do CHUAC unha praza de formigón.

Por iso estamos facendo unha campaña de difusión a pé de rúa, e tamén por iso creamos un blogue no que a cidadanía se poida informar: https://afectadaspolochuac.blogspot.com/

E abrimos unha recollida de sinaturas en Change.org para pedir o apoio á nosa proposta: http://chng.it/PhGnmRsycg

NONVO CHUAC SI, PERO NON ASÍ

MENOS CEMENTO, MÁIS PERSOAL!

Comentarios
A plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC Inicia unha campaña informativa e de recollida de sinaturas