Podemos | Nota de prensa

Podemos esixe a Feijóo que escoite ás familias afectadas pola ampliación do CHUAC

A concelleira da formación, Isabel Faraldo, presentará unha moción no próximo pleno na que insta á Xunta a recibir aos veciños e a tramitar as súas propostas “con tanto interese e seriedade como coas das empresas construtoras"

Podemos esixe a Feijóo que escoite ás familias afectadas pola ampliación do CHUAC
Podemos 02
Isabel Faraldo e unha veciña afectada pola ampliación do CHUAC

A Coruña, 17 de marzo do 2021.- A concelleira de Podemos no Concello de A Coruña, Isabel Faraldo, presentará unha moción no pleno do próximo mes de abril na que insta ao Concello a que esixa á Xunta de Galicia que se reúna cos veciños afectados pola ampliación do Hospital Universitario da Coruña (HUAC) e escoite as súas propostas. “O Goberno autonómico non pode eludir a súa obriga de recibir aos veciños, especialmente ás familias que poden perder as súas vivendas e propiedades polo proxecto acordado polo presidente da Xunta e a alcaldesa da cidade”, dixo a concelleira de Podemos .

Faraldo lembrou ademais que os afectados presentaron diversas alternativas para a ampliación do HUAC, moito máis sensatas, baratas e razoables que a solución ideada pola Xunta. Entre elas, que a ampliación do HUAC non se realice sobre os seus terreos e vivendas, senón nos do aparcamento privado do centro sanitario, que ocupan máis superficie non só que aquelas senón tamén que todo o CHUAC actual.

“Sempre dixemos que a construción dun novo hospital debe ser unha estratexia prioritaria para esta cidade, e que como tal debe pensarse e executarse con visión de futuro, e non basearse nun proxecto cortoplacista que bunkeriza as posibilidades do centro”, lembrou Faraldo, quen subliñou que Podemos segue estando cos veciños e co seu lema: “Novo hospital, si, pero non así”.

Por iso, a concelleira de Podemos instou a Feijóo a reunirse coa veciñanza, ea escoitar e tramitar as súas propostas “co mesmo interese e seriedade co que o fai cos das empresas construtoras”.

Comentarios
Podemos esixe a Feijóo que escoite ás familias afectadas pola ampliación do CHUAC