Concentracion pola devolucion gratuita da Solana e do Hotel Finisterre

"A praia do Parrote é nosa!"

A praia do Parrote e nosa!

A Comision Aberta en Defensa do Comun, un grupo plural de veciñas e veciños da Coruña, convocou a unha concentracion pola devolucion gratuita da Solana e do Hotel Finisterre onte diante do edificio da Autoridade Portuaria.

"A praia do Parrote é nosa!"
Devolución gratuita praia do Parrote
Devolución gratuita praia do Parrote

Coincidindo coa reunion do Consello de Administracion da Autoridade Portuaria de A Coruña, que segue coa sua politica especulativa e de venda de terreos que sempre foron publicos. Por iso reclaman a devolucion gratuita do que sempre foi noso, de todas e de todos e que deixe de ser motivo de especulacion!

Mentres tanto, a Autoridade Portuaria aprobou co proceso de poxa do hotel Finisterre e a Solaina, unha poxa que se paralizou fai seis meses a petición do goberno local. O Porto, que debe 300 millóns pola obra do porto exterior, solicitou informes da Avogacía do Estado, Facenda e Portos do Estado, todos eles favorables a retomar a poxa para maximizar os ingresos. Os avogados estatais non consideraron que a documentación presentada polo goberno local sexa unha oferta firme.

"A praia do Parrote é nosa!"