Memoria Histórica

Un roteiro polos lugares da represión no curso de verán sobre Educación e Memoria Histórica

Axenda cultural

Un roteiro polos lugares da represión no curso de verán sobre Educación e Memoria Histórica
Memorial Xermolo
Memorial Xermolo, na avenida de Navarra. Foto: CRMH

Mañá mércores, 28 de xuño, e dentro do III Curso de Verán Ciencias Sociais, Educación e Sociedade: Memoria histórica e cidadanía democrática, celebraráse un Roteiro polos Lugares da Memoria da cidade da Coruña.

Comezará contra as 18.30 horas no Campo da Rata, pasando polo Memorial ás Vítimas do Franquismo da Avenida de Navarra, para rematar no vello Cárcere da Coruña arredor das oito da tarde. Haberá alí unha homenaxe a todas as vítimas da represión franquista. Despois do roteiro habera pestiscos no restaurante "Finisterrae La Torre, na Avenida de Navarra 63.

O curso, organizado pola UDC en colaboración co Instituto Galego de Historia e de Murguía, Revista Galega de Historia así como a CRMH da Coruña, comezará mañá na Aula Naútica da UDC cunha conferencia de Joan Pagès Blanch, catedrático da Universitat Autònoma de Barcelona. Tamén intervirán ao longo da primeira xornada Xoán Carlos Garrido Couceiro, da Iniciativa Galega pola Memoria (IGM), Sara Carou García, profesora da Universidade da Coruña, e Belén Calderón Roca, profesora da Universidad de Córdoba. O xoves celebrarase a segunda e última xornada.


 

Un roteiro polos lugares da represión no curso de verán sobre Educación e Memoria Histórica