A cidade ten 129 bancos de madeira máis

O goberno municipal di que a implantación de mobiliario acompañará ao proxecto dunha rolda peonil que conectará a Agra con San Diego.
A cidade ten 129 bancos de madeira máis
Bancos. Espazo Urbán. As Conchiñas
Bancos novos nas Conchiñas. Foto: Concello da Coruña.

Colocar os bancos tivo un custe de 36.336 euros; a 281 euros por banco. Segundo informa o Concello da Coruña, hai 14 novos bancos na Rolda de Outeiro; 8 nas Roseiras; 8 tamén en Novo Mesoiro; sete en Matogrande; dez na avenida de Calvo Sotelo... e así. A actuación fai parte do Plan Provincial de Cooperación de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, é dicir, financiouse cunha partida que chegou da entidade provincial. 

 

"O aumento das zonas de descanso propiciará a convivencia entre as e os veciños", di o goberno municipal nun comunicado de prensa. E sinala que a implantación deste novo mobiliario "acompañará ao proxecto de cidade amable que se pretende coa posta a punto dunha rolda peonil que conectará a Agra con San Diego".

 

Benvidos os bancos a Agra e Os Mallos. Agora fai falta máis espazo público para colocar máis.

A cidade ten 129 bancos de madeira máis