A Deputación destina 8 millóns de euros á conservación de vías

O programa, aprobado por unanimidade no pleno deste venres, supón un investimento medio de 4.000 euros por quilómetro de estrada.
A Deputación destina 8 millóns de euros á conservación de vías
Pleno da Deputación da Coruña este 31 de xaneiro.
Pleno da Deputación da Coruña este 31 de xaneiro.

O pleno da  Deputación da Coruña aprobou hoxe, por unanimidade de todas as forzas políticas, o Plan de Conservación de Vías Provinciais para o ano 2020, dotado cun orzamento de 7.900.933 euros.
 
O programa contempla a execución de traballos de mantemento, reparación do firme e pavimentación nos máis de 2.100 quilómetros de estradas. Ademais deste plan, o servizo de Vías e Obras da Deputación ten en marcha un programa destinado á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais, no que inviste anualmente preto de medio millón de euros. 

Os programas de conservación e de rozas das estradas provinciais suman un investimento duns 4.000 euros anuais por quilómetro, “un dos máis elevados dos que realizan as administracións públicas en conservación de estradas”, apuntan desde o goberno da Deputación.
 

Comentarios
A Deputación destina 8 millóns de euros á conservación de vías