Xulio Ferreiro asumirá a área de Confluencia na Marea Atlántica

Diego Jiménez e Inés Cebreiro foron propostos para compartir a portavocía paritaria da Coordinadora.
Xulio Ferreiro asumirá a área de Confluencia na Marea Atlántica
Diego Jiménez e Inés Cebreiro compartirán a portavocía paritaria da Coordinadora da Marea Atlántica.
Diego Jiménez e Inés Cebreiro compartirán a portavocía paritaria da Coordinadora da Marea Atlántica.

A Marea Atlántica fixo pública este luns a lista de candidatas e candidatos que se presentan á renovación da Coordinadora da Marea Atlántica, o órgano que se ocupa da xestión diaria da organización. Trátase dunha lista de consenso, denominada “Municipalistas”, e foi a única que se presentou ao remate do prazo previsto, o pasado 17 de xaneiro Está formada por oito mulleres e cinco homes, e conta coa presenza do ex alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que asumirá o labor de Confluencia e Cohesión do espazo, segundo informa a organización nun comunicado de prensa.

Tamén farán parte da Coordinadora María García e Alberto Lema, como voceiras da Marea Atlántica no Concello e na Deputación.

Lola Ponte terá asignadas funcións de Xustiza Social e Benvidas, Daniel R.Cao e Beatriz González serán os encargados da área de Comunicación Interna, Antía Paz a responsable de Comunicación externa e Argumentario, Sabela Rivas e Inés Cebreiro en Feminismos, Stephanie Ordóñez en Ecoloxismo, Diego Jiménez en Movementos Sociais e Sociedade Civil, Gema Rivera en Territorio, Luis Hernández en Mediación e Transparencia, Claudia Delso en Dinamización e formación e Iago Martínez en Relación coas Institucións. 

Diego Jiménez e Inés Cebreiro foron, ademais, propostos para compartir a portavocía paritaria da Coordinadora.

Tras a súa presentación oficial, a candidatura deberá de ser referendada pola Rede, máximo órgano de toma de decisións da Marea Atlántica, que se reunirá nos vindeiros días. De producirse o apoio da Rede, o mandato desta nova Coordinadora terá unha duración de dous anos.

Xulio Ferreiro asumirá a área de Confluencia na Marea Atlántica