CUACFM

Dos días de música en directo para celebrar os 25 anos de CUAC FM

A mellor banda local de 2020, Adhara & Ritman estarán o vernes 26 ás 19:30 no Centro Ágora
Dos días de música en directo para celebrar os 25 anos de CUAC FM
psychoducks
Psychoducks
  • * A Batalla de Bandas será o sábado con Young Forest e Psychoducks disputando primeiro e segundo premio
  • * Coa colaboración de Concello da Coruña e Deputación da Coruña CUAC FM celebra o seu 25 aniversario
  • * A entrada será libre ata completar o aforo reducido ao 30% por normativa Covid19

A música en directo é algo necesario para moitas persoas. Esta fin de semana, venres e sábado, o Centro Ágora da Coruña acolle duas actuacións con acceso libre que servirán como inicio de celebración dos 25 anos de vida da Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM 103.4

O venres actuarán Adhara & Ritman, un cuarteto coruñés con temas en galego e unha fusión entre pop rock e outras músicas que lles fixeron merecedores do Premio á Mellor Banda local na XXII Edición do Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM. A apertura de portas será ás 19:00 e o comezo está previsto para ás 19:30 horas.

O sábado ás 19:00 -apertura portas 18:30) celébrase a tradicional Batalla de Bandas que cada ano acollía a Sala Mardi Gras que continúa pechada. Na loita polo primeiro e segundo posto estarán Psychoducks, xoven banda de Oleiros. O seu rock alternativo ten como infliencias a bandas como Radiohead, Cramberries ou Red Hot Chili Peppers. Ainda que na música non existe a competencia real, neste caso terán enfrente a unha banda formada por tres amantes da música de raiz norteamericana: Young Forest. Guitarra, banjo e mandolina, ademáis das súas empastadas voces chamaron a atención do xurado de CUAC FM. 

Ambos eventos cumplirán toda a normativa Covid e dende a organización garántese a seguridade total do público asistente.

Comentarios
Dos días de música en directo para celebrar os 25 anos de CUAC FM