#CUACRESISTE

A Xustiza da a razón a Cuac FM no seu recurso contra a Xunta de Galicia e garante o seu dereito a emitir en FM

Un ano e un mes despois de que  CUAC decidise cesar as emisiòns na FM por mor da apertura do expediente sancionador, por parte da Xunta de Galicia, no que se ameazaba cunha sanción a esta emisora comunitaria de ata 200.00 euros, a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de dictar unha sentenza no que “estima o recurso presentado pola Asociación Colectivo de Universitarios Activos (CUAC) contra a prohibición de emisión radiofónica en FM ditada pola Xunta de Galicia“ na resolución de dito expediente sancionador do pasado mes de febreiro de 2018.

A Xustiza da a razón a Cuac FM no seu recurso contra a Xunta de Galicia e garante o seu dereito a emitir en FM
CUAC_ASAMBLEA_PECHEFM02-1
CUAC_ASAMBLEA_PECHEFM02-1

Dita sentenza, ditada con data de 29 de outubro de 2018, consta dos seguintes puntos:

  1. O TSXG admite o recurso presentado por CUAC contra a a resolución do expediente sancionador no apartado 2 no que a Xunta advirte a Cuac FM “que podería ser sancionada se continuase coa actividade”
  2. O TSXG declara que a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia infrinxiu “os dereitos fundamentais de CUAC” por vulnerar o artigo 20 da Constitución Española que recoñece o dereito da cidadanía á liberdade de expresión e comunicación, no que se inclue o dereito “de creación e uso de medios de comunicación, neste caso dos servizos de comunicación audiovisual comunitarios”. Asi, o dereito á creación de medios de comunicación “a través dos cales difundir ideas, opinións e información” é unha “das liberdades recoñecidas” na Constitución.
  3.  O TSXG declara na sentenza que Cuac FM ten vixente unha garantía temporal de emisión (que lle negaba a Secretaría Xeral de Medios) mentres a administración competente “non se pronuncie de forma motivada e clara sobre a falta da devandita garantía temporal”. As xuízas do TSXG argumentan que a lexislaciòn audiovisual prevé un período en que os operadores poderán seguir emitindo ata que se regule polo Estado, “prevendo a concesión das oportunas licenzas, sen que se producise aínda a regulación normativa en Galicia”.

A sentenza pode lerse na sùa integridade no seguinte enlace: Sentenza_Cuac_FM (PDF)

Asi pois, o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é estimatorio de todas as pretensións de Cuac FM, recoñece o seu dereito a emitir pola Frecuencia Modulada, outorga a Cuac FM unha garantía temporal de emisión e considera contra dereito a resoluciòn da Xunta de Galicia.

As socias e socios de CUAC reuniranse en asemblea o vindeiro mèrcores 31 de outubro co fin de decidir os vindeiros pasos a dar por parte do Colectivo. CUAC agradece a todas as persoas e entidades que, dende diferentes àmbitos apoiaron a esta emisora comunitaria na sùa defensa da liberdade de expresiòn e dos dereitos da cidadanìa, às que seguirà informando a travès das sùas canles habituais de comunicaciòn social. #CuacResiste #CuacVolve

Comentarios
A Xustiza da a razón a Cuac FM no seu recurso contra a Xunta de Galicia e garante o seu dereito a emitir en FM