AGENDA CULTURAL

44 mulleres artistas expoñen no Colexio de Médicos

A inauguración da segunda edición de "Gaia" tivo lugar o venres 28 de febreiro, no Colexio de Médicos de A Coruña da céntrica rúa Riego de Agua nº 29, que acolle esta exposición de arte feita por 44 mulleres artistas. Un percorrido por diferentes disciplinas como a pintura, fotografía, escultura ou xoiería.

44 mulleres artistas expoñen no Colexio de Médicos
IMG-20200301-WA0021
IMG-20200301-WA0021

Esta proposta organizada e comisariada por María Cajaraville, chega para quedarse. Gaia II é un achegamento ó mundo da arte para dar a coñecer a obra de diferentes artistas que dalgún xeito teñen relación con Galicia.

A mostra poderase visitar ata o 14 de marzo e as obras están postas á venda para aqueles que desexen adquirilas. O evento da inauguración foi presentado pola xornalista galega, residente en Madrid, Nuria Grela.

Nesta segunda mostra de Gaia, seleccionouse a obra desta 44 artistas:

A Flaira, Acivro Xoias, Alexandra Fdez, Amelia Palacios, Amelia Secas, Ana Méndez Cerámica, Ana Soler, Ángeles Aldariz, Beatriz Clara, Bego Tojo, Chelo Facal, Cris Rodríguez, Elara Elvira, Encarnación Díaz, Eva Camba, Gimena Berenguer, Gosia Trebacz, Iria Garcia, La Niña del Arco Iris, Les, Lidia Cao, Lucía López, Luna Lliro, Malena Carballo, Margot G. Liñeira, María Fortes Blanco, María Piensos, Marité Prieto, Marta Capote, Mercedes Molares, Mónica Coto, Nanda Cabaleiro, Novais, Olalla Franco, Pilar Cancio, Pilar Cotón, Pilar Fandiño, Raquel Currás, Rosa Guisán, Ruth Lodeiro, Selperia, VictoriaLand, Xulia Weinberg, Yaniroco's Cerámica.

Comentarios
44 mulleres artistas expoñen no Colexio de Médicos