AXENDA CULTURAL

O Teatro Colón acolle o xoves 13 de xuño a estrea do documental ‘Concello da Coruña. Memoria e futuro’

A proxección do traballo audiovisual, no que o persoal funcionario achega a súa visión da relación entre a administración local e a cidadanía, terá lugar ás 20.00 horas. A entrada será libre até completar a capacidade do recinto

O Teatro Colón acolle o xoves 13 de xuño a estrea do documental ‘Concello da Coruña. Memoria e futuro’
Documental ‘Concello da Coruña. Memoria e futuro’
Documental ‘Concello da Coruña. Memoria e futuro’

A Coruña, 4 de xuño de 2019.- O Teatro Colón acollerá o xoves da semana que vén, o 13 de xuño, a estrea da peza documental Concello da Coruña. Memoria e futuro, unha narración cinematográfica que aborda a relación da administración local coa veciñanza nas últimas décadas a través da voz de persoas que traballaron ou que actualmente desenvolven a súa actividade laboral no consistorio. A película, producida pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, “pretende achegar o lado máis humano do persoal funcionario e poñer en valor todo o seu coñecemento e experiencia, á vez que dá á veciñanza un novo punto de vista sobre a cidade na que vive”, segundo expoñen Isabel Iglesias e Iago González, responsables do guión e dirección. O traballo documental mostra a relación do Concello coa cidadanía a través do paso do tempo, desde o distanciamento e a prestación de servizos, até a situala, na actualidade, no centro da actividade municipal.

A estrea terá lugar ás 20.00 horas e a entrada será libre até completar a capacidade do auditorio da avenida da Mariña.

Comentarios
O Teatro Colón acolle o xoves 13 de xuño a estrea do documental ‘Concello da Coruña. Memoria e futuro’