A retrospectiva colgará das paredes de Afundación, centro que este año se suma aos espazos expositivos

A Banda Deseñada galega, no vinte aniversario do Festival Internacional Viñetas desde o Atlántico

  • No elenco de persoas convidadas por Viñetas 2017 figura tamén outro galego, o vigués Kiko da Silva, creador da revista BD de Banda e impulsor da Escola Profesional de Cómic e Ilustración de Galicia “O Garaxe Hermético”
     
  • Un deses nomes imprescindibles do Cómic en Galicia, DasPastoras, asina tamén o cartel. É o primeiro autor que repite encargo (seu é o de 2002), unha excepción para singularizar a vixésima edición  
A Banda Deseñada galega, no vinte aniversario do Festival Internacional Viñetas desde o Atlántico
Cartel-oficial-Viñetas-desde-o-Atlantico-2017-A-Coruña
Cartel-oficial-Viñetas-desde-o-Atlantico-2017-A-Coruña

A Coruña, 3 de agosto de 2017. 

Galicia terá unha importante presenza na vixésima edición de Viñetas desde o Atlántico (do 7 ao 13 de agosto). Ata dezasete debuxantes galegos participarán, dunha forma ou outra, no vinte aniversario do Salón Internacional coruñés. Entre os pratos fortes da oferta do Festival, promovido pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña, está a mostra retrospectiva-comparativa A Banda Deseñada galega nos 20 anos de Viñetas. Nela mostrase a obra de catorce creadores que formaron parte do plantel do Festival ao longo destas dúas décadas. Outros nomes do panorama galego terán tamén presenza en Viñetas 2017 como é Kiko da Silva, creador da revista BD de Banda e da Escola Profesional de Cómic e Ilustración de Galicia O Garaxe Hermético.


A Banda Deseñada galega nos 20 anos de Viñetas é tamén unha exposición novidosa, conceptualmente falando. Nela o público poderá contemplar oito obras de cada un dos autores e autoras que formaron parte do plantel do Salón Internacional ao longo destas vinte edicións; unha peza ademáis, anterior ao ano 1998, data na que Viñetas comenzou a súa andaina; outros orixinais achegarán ao visitante aos seus traballos máis recentes. Unha forma especial de visualizar a evolución e o bo momento da Banda Deseñada en Galicia no presente.


A mostra xunta, sen dúbida, un bo feixe de nomes imprescindibles do cómic galego: Fran JarabaFernando IglesiasXaquín MarínDasPastorasFran BuenoAlex CalEmma RíosVíctor RivasDavid RubínJosé DomingoFausto IsornaJano,Martín Romero e Ramón Marcos. A exposición colgará nas paredes de Afundación, que xunto á veciña Fundación Barrié, súmanse esta edición por primeira vez aos espazos expositivos do Salón Internacional do Cómic.

 
Rúbrica galega no cartel conmemorativo

Tamén, por primeira vez na historia de Viñetas, o cartel de 2017 non se lle encargou, como é costume, a un convidado de 2016, senón a un autor galego con maiúsculas cuxa obra forma parte da exposición. Xulio Martínez Pérez ou o que é o mesmoDasPastoras asinou xa o póster de 2002, pero tal e como subliña o director do Salón, Miguelanxo Prado: “Queriamos que o vixésimo cartel fose diferente. Un que, na medida do posible, destacase dentro desa magnífica colección que fomos xuntando neste tempo”. Lembrar que os dous carteis de DasPastoras e os outros dezaoito exhibiranse nunha exposición dedicada exclusivamente a eles na Torre de Hércules. A ubicación non é casual. O faro romano aparece en todos eles. É unha condición (mesmo a única) que a organización de Viñetas impón ao autor, edición tras edición.


A presenza de debuxantes galegos na vixésima edición de Viñetas desde o Atlántico non remata aquí. No elenco de convidados está tamén, coma mencionamos xa,  Kiko da Silva, un nome imprescindible da historieta en Galicia. A súa obra se poderá ver no Kiosco Alfonso, xunto á doutros autores e autoras convidadas nacionais e internacionais.


Mencionar, doutra banda, que Miguelanxo Prado, director do Salón desde a primeira edición, formará parte ca sua obra Ardalénda mostra conxunta dos creadores que obtiveron o Premio Nacional de Cómic desde a súa creación fai dez anos. Prado é o único galego que ten obtido o galardón, neste caso no 2013.

 

Por último, e na sala Salvador de Madariaga, colgará a mostra de orixinais da obra Fóra do Mapa, do ourensán Emilio Fonseca,que obtivo o derradeiro premio Castelao da Deputación de A Coruña, outorgado no 2016.

A Banda Deseñada galega, no vinte aniversario do Festival Internacional Viñetas desde o Atlántico