Federación Galicia Cultura | nota de prensa

Un cento de centros de ensino e máis de 30 asociacións conmemorarán a celebración das letras adiadas de 2020

O movemento asociativo leva reivindicando desde hai décadas unhas Letras Galegas a Carvalho Calero. Cando ao fin se concederon, unha pandemia fixo que nin no ensino nin nas asociacións puidéramos celebrar como quixéramos esta conmemoración.

Un cento de centros de ensino e máis de 30 asociacións conmemorarán a celebración das letras adiadas de 2020
Carvalho
Carvalho

Demandamos das institucións que se prolongara até este ano esa conmemoración como se está a facer coa maioría dos eventos (véxase o Xacobeo) mais non obtivemos resposta favorábel. Quixemos facer esta celebración máis unha vez, pero vímonos na obriga de aprazala e cancelar as actividades presenciais agardando mellores circunstancias, mais non podemos adiar por máis tempo a nosa homenaxe e difusión, tan necesaria, deste persoeiro a quen tanto debe a nosa lingua e cultura. Por iso, coincidindo coa data do seu pasamento, o día 25 de marzo, propomos unha xornada de recordo e espallamento da súa vida e obra (cancelo: #CarvalhoLinguaETerra).

Desde a Federación Galiza Cultura, en colaboración coas Deputacións da Coruña, de Lugo e de Pontevedra, convocamos ás asociacións culturais e aos centros de ensino a xornada “Carvalho, Lingua e Terra”. Para iso, editamos unha banda deseñada sobre a súa vida, obra e pensamento da autoría de Pepe Carreiro que ademais de imprimir e distribuír gratuitamente, imos poñer a disposición pública en PDF na nosa web.

Ademais, ese día, o xoves 25, ás 20:00 h. emitiremos o vídeo sobre Ricardo Carvalho Calero coa Intervención de María Victoria Carballo-Calero Ramos e a conferencia de Manuel Castelao Mexuto e Mª Pilar García Negro, e posteriormente, ás 20:40h. celebrase en liña un coloquio cos conferenciantes e representantes das asociacións cultura.

Emitirase esta actividade pola canle de youtube de Galiza Cultura.

Comentarios
Un cento de centros de ensino e máis de 30 asociacións conmemorarán a celebración das letras adiadas de 2020