Feminismo

EXPOSICIÓN III Aniversario de Ladies, Wine & Design A Coruña

A iniciativa sen ánimo de lucro Ladies, Wine & Design celebra o III aniversario cunha exposición retrospectiva da actividade dos últimos 3 anos.

EXPOSICIÓN III Aniversario de Ladies, Wine & Design A Coruña
LWD III EXPO_Cartel-01
LWD III EXPO_Cartel-01
  • A exposición recolle obras do talento feminino galego en diferentes disciplinas creativas, e terá lugar no Almacén Concept Store -Rúa Olmos 7, A Coruña-.
  • A exposición inaugurase este venres 11 de xuño ás 20:00, e estará aberta ao público ata o próximo 11 de xullo.
  • Ademais da exposición, o aniversario celébrase mañá 10 de xuño ás 19 horas cun evento que será retransmitido en liña e aberto a todos os públicos a través da plataforma Cultura en Vivo.

A Coruña, 10 de xuño de 2021 - Os encontros Ladies, Wine & Design cumpren 3 anos na Coruña e queremos celebralo como a ocasión merece. Estreamos unha exposición retrospectiva que repasa a actividade dos últimos 3 anos, e coa que queremos agradecer a participación das ladies que fixeron posible por en valor a riqueza do tecido creativo feminino de Galicia.

A exposición inaugurase o venres 11 de xuño ás 20:00 no Almacén Concept Store (Rúa Olmos 7, A Coruña) e estará durante un mes ata o 11 de xullo. A exposición é de balde, co único requirimento de uso da máscara.

Aproveitamos para lembrarvos que o evento de aniversario é mañá, xoves 10 de xuño ás 19:00, e, por primeira vez, o encontro será retransmitido en liña e en aberto a todos os públicos a través da plataforma Cultura en Vivo: https://www.culturaenvivo.com/gl/activasecreativas/

As actividades do aniversario son posibles gracias á participación Gadis, Deputación da Coruña, Sísmica e El Vino del Mes, e a colaboración de Reclam, Asociación Galega de Deseño (DAG), Escola Marcelo Macías e Muuhlloa.

 

Comentarios
EXPOSICIÓN III Aniversario de Ladies, Wine & Design A Coruña