Con estreas europeas e unha escolma do cine chileno

Nova tempada cinematográfica no Fórum Metropolitano

Este sábado, día 10, comeza o ciclo ‘Forumáxico’, co espectáculo Spiral do Mago Gusi.

O Fórum Metropolitano inaugura mañá xoves, día 8, a nova tempada de programación audiovisual. A carteleira do espazo municipal acollerá desde esta fin de semana, e durante todo o mes de setembro, dous novos ciclos nas Salas Fernando Rey e Marilyn Monroe, que se centrarán no cine de estrea europeo así como no audiovisual chileno do último lustro. 

Nova tempada cinematográfica no Fórum Metropolitano
Forumetropolitano
Forumetropolitano

Fonte: Concello da Coruña 07/09/2016

Esta escolma, programada coa colaboración do Consulado Honorario de Chile, ofrecerá a posibilidade de visionar na Coruña algúns dos traballos do país sudamericano máis e recoñecidos no circuíto internacional de festivais nos últimos tempos, como No, de Pablo Larraín, ou Gloria, de Sebastián Lelio.

A sesión inaugural da tempada dos dous ciclos -- La danza de la realidad, de Alejandro Jodorowsky, e a italiana Mia Madre, de Nanni Moretti -- será de balde, e para acceder a mesma poderá retirarse o convite desde media hora antes da proxección no despacho de billetes do Fórum. Nas demáis sesións, a Concellería manterá o prezo habitual, 3 euros (agás carné xove, maiores de 65 ou persoas desempregadas, que aboarán só 2 euros), e a reducida de 1,50 euros na última sesión do venres e primeira do sábado. As entradas poderán retirarse media hora antes de cada pase ou no despacho de billetes de luns a venres, desde as 10.30 até as 13.30, e de 16.30 até as 19.30 horas. Este ano tamén poderá adquirirse un abono de 5 películas por 12 euros.

Por outra banda, este sábado comezará tamen no espazo municipal o ciclo de maxiaForumáxico, unha cita que leva máis dunha década programando espectáculos de maxia e ilusión para o público infantil e que se desenvolverá ao longo do mes de setembro. O primeiro espectáculo será Spiral, do Mago Gusi, que dará paso o día 17 ao Lafayatte Show de Cayetano Lledó, e finalizará o día 24 de setembro co espectáculo I+D+I, de Dani Polo. Todas as representacións terán lugar no auditorio do Fórum ás 19.00 horas.

As entradas, que teñen un prezo de cinco euros, pódense adquirir no despacho central de billetes da praza de Ourense (de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 horas, e de 16.30 a 19.30 horas), a través de www.ticketea.com ou do teléfono 902.044.226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 horas, sábados de 14.00 a 22.00 horas e domingos de 16.00 a 21.00 horas), e no despacho de billetes do propio recinto municipal o día da función, se quedan entradas dispoñibles. A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento tamén facilitará a asistencia do público co abono familiar, que incluirá tres entradas para cada espectáculo por 12€.

Detalles de la noticia

Programación - Ciclo Cine chileno

Programación - Ciclo Estreas en versión orixinal

Nova tempada cinematográfica no Fórum Metropolitano