AXENDA CULTURAL

Presentación do documental “Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras”

O xoves 4 de Outubro ás 20h na A.C. Alexandre Bóveda, (Rúa Olmos, 16, 1º ) preséntase o documental “Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras”.

Este documental foi gañador do I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado pola Deputación da Coruña.

Presentación do documental “Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras”
Tecido Resistente, cartaz
Tecido Resistente, cartaz

O documental Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras é a historia dos centos de mulleres que cambiaron a economía e a organización social de toda unha comarca nos primeiros anos do século XX en Galiza. Traballaban na fábrica Hilados y Tejidos de Vilasantar e axiña descubriron que o salario que recibían era algo máis que só un feixe de billetes: era a súa independencia, o empoderamento feminino antes incluso de que ese concepto chegara a Galiza.

Este documental foi gañador do I Premio Luísa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade convocado pola Deputación da Coruña.

  • Ano de produción: 2018
  • País de produción: Galiza
  • Guión: Marina Chiavegatto
  • Fotografía: J. S. Raimundi
  • Montaxe: Marina Chiavegatto, Millán Castro
  • Música Hugo Gómez-Chao
  • Duración: 40 minutos

 

Trailer Tecido Resistente from Marina Chiavegatto on Vimeo.

Comentarios
Presentación do documental “Tecido resistente: a silenciosa revolución das mulleres de Présaras”