Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros | nota de prensa

Presentación do libro "Alicerces teatrais en Galiza"

O día 24 de abril ás 19 horas na Biblioteca do Forum Metropolitano terá lugar a presentación do libro "ALICERCES TEATRAIS EN GALIZA". Un evento que contará coa presenza de tres destacados poñentes: o autor Francisco Otis, a actriz Luma Gómez e o xornalista Xosé Lorenzo.
Presentación do libro "Alicerces teatrais en Galiza"
Alicerces (2)
Presentación do libro

A entrada ao evento é de balde, pero o aforo é limitado, polo que recoméndase chegar cedo para asegurar un lugar na presentación.

O libro "ALICERCES TEATRAIS EN GALIZA", escrito por Francisco Otis Rios, recolle unha achega de fontes, fundamentos e feitos entre os anos 1952 e 1975. Unha época difícil para o teatro galego, marcada pola ditadura e a censura, pero na que o noso teatro renaceu devagar para coller forza e ser o que hoxe é.

Este traballo é fundamental para a definición da nosa historiografía teatral e tamén para a análise da relación desta con outros fenómenos teatrais, como o movemento do Teatro Independente na península ibérica.

Non perda a oportunidade de asistir a esta presentación única e coñecer máis sobre a historia do teatro en Galiza.

Presentación do libro "Alicerces teatrais en Galiza"