Axenda cultural

Proxección de Suspiria e coloquio co director, Paco Plaza

O próximo día 15 de Febreiro en Cantones Cines ás 22:00h terá lugar a estrea na Coruña da película Suspiria (Luca Guadagnino, 2018) en VOSE nunha proxección única que ademais, ao finalizar, contará cun coloquio especial co director de cinema Paco Plaza, autor de éxitos de taquilla como Verónica ou a saga Rec

• Os diferentes tipos de entradas pódense adquirir online na plataforma Eventbrite ou través deste enlace https://suspiriacoruna.eventbrite.es

Proxección de Suspiria e coloquio co director, Paco Plaza
suspiria-1538419367
Fotograma de Suspiria

O próximo 15 de Febreiro estreamos a película SUSPIRIA (Luca Guadagnino, 2018) en VOSE, ás 22:00h en Cantones Cines na Coruña.

 

Trátase dunha proxección especial que ademais de estar presentada polo crítico cinematográfico, guionista e xestor cultural, Javier Trigales e pola programadora cultural e fundadora do FKM, Festival de Cinema Fantástico da Coruña, María Núñez, contará cun coloquio titulado SUSPIRIA, UNHA TRAIZÓN FIEL a cargo do director PACO PLAZA (Verónica, Rec).

Este evento supón unha "operación rescate" dun título que, a pesar da súa relevancia, non conseguiu un oco na carteleira coruñesa.

A película:

Suspiria (Luca Guadagnino, 2018)

É unha película de terror sobrenatural italo-estadounidense dirixida por Luca Guadagnino (Call me by your name) e escrita por David Kajgnich (The Terror), baseada no clásico de terror de 1977 dirixido por Darío Argento. Está protagonizada por Dakota Johnson (Cincuenta Sombras Liberadas), Tacha Swinton (Doctor Strange), Mia Goth (La Cura del Bienestar), Angela Winkler (Dark), Ingrid Caven (Musa e viúva do cineasta Fassbinder), Renée Soutendijk (Un marido perfecto), Chloë Grace Moretz (Malditos vecinos 2) e Jessica Harper (Suspiria (1977), El Fantasma del Paraíso, Minorty Report)

A Banda Sonora Orixinal desta película está composta polo vocalista e compositor de Radiohead, Tom Yorke quen se inspirou no Krautrock, un tipo de rock experimental que se facía na Alemaña dos 70'

Tras estar nomeada ao Leon de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Venecia en 2018, foi a película que inaugurou a pasada edición do Festival Internacional de Cinema Fantástico de Cataluña (Sitges).

PACO PLAZA,

Tras unha dilatada experiencia na realización de curtametraxes, valedores de numerosos recoñecementos, realiza en 2002 a súa primeira longametraxe "El segundo Nombre" co que foi laureado co Meliès no festival de Cinema Fantástico de Cataluña (Sitges). Logo asinaría "O.T. La Película", que co-dirije xunto a Jaume Balagueró, "Romasanta" (2004) e en 2007 co-dirixe "REC" tamén xunto a Jaume Balagueró coa que consegue un éxito internacional sen precedentes e que o confirma como renovador do cinema de xénero en España.

O seu último éxito foi a película Verónica (2017) protagonizada por Sandra Escacena coa que obtivo 7 nominacións aos Premios Goya, entre elas, Mellor Película e Mellor Dirección gañando o Goya ao Mellor Son.

Agora mesmo atópase traballando na post-producción da película Quién a hierro mata, un thriller sobre vinganza producido por Vaca Films e que contará con Luís Tosar coma protagonista.

Entradas:

ENTRADA XERAL : 8,70€ + Gastos de Xestión.

Esta entrada inclúe 10% de desconto na 1° consumición no Baobab Cocktail Bar (c/ Orzán 96 baixo, A Coruña) Oferta válida só o 16/2/19 de 1:30h a 3:00h.

PACK MATER SUSPIRIORUM: 11€ + Gastos de Xestión

Este Pack inclúe:

  • Poster SUSPIRIA da ilustradora Sara Deck
  • 2x1 en cervexa Alambra Especial no Bar Ummagumma (c/ Orzán, 68, A Coruña) O 15/2/19 de 19:00 a 21:45
  • 20% de desconto 1° consumición en Baobar Cocktail Bar (c/ Orzán 96, Coruña) O 16/2/19 de 1:30 a 3:00

*Para os descontos no bar Ummagumma e no Baobab Cocktail Bar é necesario mostrar a entrada selada por Cantóns Cinemas. Oferta non acumulable con ningún outro desconto. Reserva xa!!. Existencias limitadas!!

DESCONTOS!!

ENTRADA PERSOAS DIVERSIDADE FUNCIONAL : 7,70€ + Gastos de Xestión

A entrada inclúe  10% de desconto en 1° consumición no Baobab Cocktail Bar (c/ Orzán 96 baixo, A Coruña) Oferta válida só o 16/2/19 de 1:30h a 3:00h.  Só 4 prazas dispoñibles

ENTRADA ASOCIACIÓNS: CREA, AGAG e AGA: 7,70€ + Gastos de Xestión

A entrada inclúe 10% de desconto en 1° consumici no Baobab Cocktail Bar (c/ Orzán 96 baixo, A Coruña) Oferta válida só o 16/2/19 de 1:30h a 3:00h. Pídelle o teu código á Xunta Directiva da túa asociación antes de comprar a entrada. Non te quedes sen elas!

Sobre os organizadores

María Núñez

Apaixonada do cinema dos xéneros fantástico, terror e de ciencia ficción, funda en 2010 o FKM, Festival de Cinema Fantástico da Coruña, festival do que é xestora e responsable da programación.

Na actualidade compaxina as súas labores no festival coa coordinación de diversos talleres e actividades relacionados co mundo audiovisual.

Javier Trigales

Guionista, xestor cultural e profesor de audiovisuais. Traballou de redactor e guionista en programas de TV como El Intermedio (La Sexta) e Sé Lo Que Hicísteis (La Sexta). Así mesmo, exerce a crítica cinematográfica para numerosos medios e publicou varios libros colectivos.

Proxección de Suspiria e coloquio co director, Paco Plaza