Viñetas desde o Atlántico

Última semana para gozar das exposicións de Viñetas desde o Atlántico 2019 na Coruña

As mostras pechan as súas portas este domingo, 8 de setembro
Última semana para gozar das exposicións de Viñetas desde o Atlántico 2019 na Coruña
Tira-Viñetas-2019 (1)
Tira-Viñetas-2019 (1)

A Coruña, 3 de septiembre de 2019.- Os rezagados, se é que queda algún, aínda están a tempo de gozar das exposicións que conformaron o Salón Internacional do Cómic Viñetas desde o Atlántico 2019. Iso si, toca darse présa, porque o pano definitivo caerá este domingo, oito de setembro. Ata ese día continúan expostos ao público no Kiosco Alfonso, a Sala Municipal Palexco, a Sala Municipal Salvador de Madariaga (Durán Loriga) e na Sala do Palacio de María Pita, os orixinais creados por Antonio Navarro, Albert Monteys, David Sala, Toni Sandoval, Isabel  Greenberg, Jorge  Coelho, Yolanda Castaño, Abel Alves e Oliver Añón. Tamén a inmellorable colección do  tintinófilo Pedro Rey, que nos mergulla no universo do reporteiro máis sabichón da Terra. Así mesmo, a Dársena expón tamén por poucas horas máis a mostra “Pintas o Dibujas?” de Acción Cultural Española AC/E,  comisariada por Jorge Díez.

Cos ollos postos xa en Viñetas 2020, o desenvolvemento desta  XXII edición de Viñetas desde o Atlántico serviu para confirmar a exitosa singularidade desta cita co mundo do Cómic, que se celebra cada verán na cidade da Coruña, auspiciada polo Concello e dentro da oferta das Festas de María Pita. “Ano tras ano confirmamos que o modelo escollido é único entre todos os festivais do sector. Autores e profesionais transmítennos que os parámetros que nós plantexamos desde o principio funcionan”, sinala o director de Viñetas, Miguelanxo Prado, en referencia á aposta que fixo o Salón coruñés, desde o primeiro momento, por concitar o interese tanto dos entendidos como dun público máis xeneralista.

O director do Salón do Cómic coruñés considera necesario manter o formato que singularizou Viñetas ao longo deste tempo. “Un festival que se financia con diñeiro público, aínda que debe satisfacer aos afeccionados e entendidos, non pode perder de vista o que lle fixo ser o que é, un festival amable para todos, mesmo para os que xamais consumiron Banda Deseñada, e esa é unha aposta irrenunciable”, sinala Miguelanxo Prado. A reputación que alcanzou ao longo destes 22 anos Viñetas desde o Atlántico non parece moi cuestionable. “Así nos consta a través das redes sociais e do boca a boca dos invitados; a consideración do evento non pode ser mellor”, explican desde a organización. “Hai moitos autores e autoras que non se prodigan en festivais, pero que non teñen ningún problema en vir a Viñetas ou en ceder os seus orixinais para exposicións de longa duración como as nosas e iso é algo pouco frecuente no mundo do Cómic”.

Outra mostra do prestixio e o interese que suscita Viñetas desde o Atlántico é a constatación, edición tras edición -especialmente este ano- de que entre o numeroso público que visita o festival non só hai persoas de todas partes de España, senón tamén doutros países europeos e mesmo do outro lado do Atlántico. “Non é nada infrecuente que moitos afeccionados programen as súas  vacacións para facelas coincidir con Viñetas”.

 

Última semana para gozar das exposicións de Viñetas desde o Atlántico 2019 na Coruña