Quebra do Banco Popular

Que vai pasar co fondo documental e artístico da Fundación Barrié?

A asociación Alexandre Bóveda propón que a Xunta garanta que todo o fondo quede en Galicia.

Que vai pasar co fondo documental e artístico da Fundación Barrié?
Fundación Barrié
Fundación Barrié de la Maza na Coruña.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda manifesta en un comunicado "a súa fonda preocupación polas consecuencias da quebra do Banco Popular nomeadamente a situación en que queda a Fundación Barrié de la Maza".

Segundo o escrito, a fundación é propietaria dun importante patrimonio documental e unha moi importante colección artística. Nela gárdanse os fondos de Carlos Martínez Barbeito (material procedente do arquivo do editor, historiador e rexionalista André Martínez Salazar), Domingo García Sabell (arquivos persoais mais tamén a correspondencia e a documentación do poeta Manuel Antonio), Víctor Said Armesto ou o Arquivo da Sociedade Económica de Amigos do País de Compostela.

A colección plástica  conta cunha  Colección de Arte Contemporánea Internacional, con  nomes como Imi Knoebel, Jessica Stockholder, Katharina Grosse ou os galegos Ánxela de la Cruz, Pepe Galán ou  Manuel Vilariño mais tamén atesoura pintura galega do século XIX e XX, como Sotomayor, Seoane, Bello Piñeiro, Díaz Baliño, Xulia Minguillón, Maruxa Mallo ou Francisco Lloréns.

Rematan pedíndolle á Xunta de Galiza que garanta que todo ese fondo documental e artístico da Fundación Barrié de la Maza quede no noso país e non poida ser vendido.


 

Que vai pasar co fondo documental e artístico da Fundación Barrié?